O luns 25 de novembro convocamos unha rolda de prensa para conmemorar, o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Para eso, contamos coa colaboración co IES EDUCARDO BLANCO AMOR da cidade de Ourense, dirixido por Carlos Ferreiro García, a quen lle estamos moi agradecidos pola súa colaboración.
Nesta rolda de prensa, o presidente da Federación de ANPAS de Escolas Públicas da provincia de Ourense As BURGAS (FAPA OURENSE), presentou a memoria do programa de actividades da Federación para a promoción da Igualdade de Xénero e a Prevención da Violencia de Xénero.
Estre programa desenvolveuse dende maio 2019 ata esta semana, e terá continuidade na seguinte anualidade.
Tamén contamos ca presencia e participación da Delegada da Xunta de Galicia en Ourense: Marisol Díaz Mouteira, que presentará o Manifesto da Xunta de Galicia por mor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O proxecto ESCOLA LIBRE DE VIOLENCIA DE XÉNERO. Educando en Valores, Educando en Igualdade, xunto ca promoción dos xogos populares nos centros de ensino da provincia, son un avance máis no traballo de FAPA Ourense para ter centros de ensino CO-EDUCATIVOS, onde se aprenda a respetar as diferencias e se faga prevención do acoso e a violencia de xénero e en xeral.
Enlace Cananl Youtube Telemiño: ROLDA de PRENSA