REUNIÓN CO SECRETARIO XERAL TÉCNICO DA CONSELLERÍA DE
EDUCACIÓN DA XUNTA DE GALICIA SOBRE COMEDORES ESCOLARES.
Tras da reunión de CONFAPA na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Educación o pasado xoves dia 28 de xaneiro, na que trasladamos as inquedanzas é
reivindicacións das ANPAs sobre as condicións de adxudicación do servicio de
comedor, temos unha reacción da Consellería na que observamos unha mellora
sustancial na xestión e algunhas das nosas propostas. Quedan outras.
NOVO BAREMO.
–Oferta económica:
50 de 100 puntos. (Antes supoñía un máximo de 50 puntos sobre 85. Co novo criterio
baixa o seu peso final).
–Producto galego:
Unha novidade é que 10 dos 100 puntos daránse por elaborar menús con lácteos
galegos. (Antes non existía).
–Sube o peso de Persoal:
Hasta 20 puntos. (Antes as melloras en Persoal eran 15 puntos e agora 20).
–Menús empanados:
Outros 10 puntos. (Antes non existía. Son 10 puntos por reducir a cantidade de fritos e
empanados nos menús).
-As empresas terán que acreditar que ten instalación a menos de 200 kms.
-O 1% do orzamento retense ás empresas para a realización de auditorías periódicas
ás mesmas, para comprobar si cumplen estándares e requerimientos da Xunta.
Quedan pendentes aspectos importantes como outros mecanismos directos de
Inspección por parte da propia Consellería de Educación e a de Sanidade.
Este novo baremo ten aplicación inmediata na licitación do servizo de comedor (Abril a
Xuño) nos vinte centros escolares da Mariña lucense, Arousa e área metropolitana
coruñesa, que víronse afectados pola rescisión de contratos, por graves
irregularidades con empresas de cátering andaluzas.
CONFAPA prantexou que, sendo o comedor outro espazo educativo máis e un servizo
imprescindible de conciliación escolar e familiar, non se pode deixar en mans de
empresas privadas esa función, senón que ten que ser asumida pola propia
Consellería polo que os novos centros escolares deben ter previsto a dotación de non
só o espazo de comedor, senón tamén de cociña no propio centro.
Para CONFAPA, a boa calidade nutricional e sanitaria dos menús escolares, ten que
ser asumida e garantida plenamente pola administración educativa.
Igualmente prantexamos a necesidade de pór a funcionar as cociñas coas que conta a
Consellería de Educación, que están pechadas ou infrautilizadas e que teñen
capacidade de elaboración de centos de menús diarios.
Non podemos aceptar que os criterios economicistas determinen a privatización dese
servizo fundamental que, tal e como quedou demostrado, propicia que xurdan
reiteradas incidencias, algunhas graves, que poden pór en risco a saúde dos nosos
fillos e fillas.
CONFAPA quere manter unha Mesa Permanente de negociación e opinión sobre
comedores escolares formada pola Consellería de Educación, a Consellería de
Sanidade as ANPAs federadas nas federacións provinciáis e representación de
CONFAPA.
A vindeira semana manteremos unha nova reunión na Consellería dando
continuidade ao falado na xuntanza que comentamos.
Helena Gómez Vecino
Presidenta.
A Coruña, 4 de febreiro de 2016.
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/comunicado-reunion-comedores-conselleria-confapa.doc» height=»800px» width=»900px»]