CONFAGA Galicia solicita a túa sinatura de apoio para esixir á Xunta de Galicia que as familias estean representadas na revisión do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 na Mesa Sectorial creada pola Consellería de Educación.
Consideramos que as familias teñen un papel básico na educación para a saúde e na prevención da COVID19 e son en última instancia as que sofren as consecuencias dunha mala planificación que podería provocar infeccións entre os nosos fillos.