Non te perdas esta oportunidade de disfrutar dunha esperiencia inolvidable.
O Albergue Xuvenil de Viana do Bolo está xestionado pola Fundación Cipri Gomes.
A localidade de Viana do Bolo está situada na vertiente máis oriental da provincia de Ourense. Sitúase no corazón do país do Bibey e conta cunha superficie apróximada de 257 km², un dos máis extensos pero non o máis poblado xa que en 2012 contaba cunha poboación de 3180 habitantes.
A sua principal fonte de ingresos está basada na agricultura e gandería, sendo o turismo rural un activo en crecemento.
Os días de Feira celebranse o 13 e o 28.
A Vila extendeuse dende a Torre do Homenaxe; reedificada por Fernando II de León no ano 1180. Actualmente está dividida en duas partes, no soto emplease coma sala de exposicións pictóricas temporais e na parte superior (con acceso por unhas escaleiras estreitas exteriores), conta con tres plantas adicadas o museo etnográfico.
O programa de actividades adaptase a un horario especial para fins de semana. Podes velo a continuación.
As ANPAs están a vosa disposición para informar de todo o necesario.
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/Programa_Viana_do_bolo_FAPA_Fundacion_Cipri_Gomes-3dias.pdf» height=»900px» width=»800px»]