Bases reguladoras para a concesión de axudas en especie para adquisición de libros de texto, material escolar e para comedores escolares.
Anuncio de aprobación das Bases reguladoras para a concesión de axudas en especie para adquisición de libros de texto e material escolar e para comedores escolares do Concello de Ourense
PUBLICADO NO BOP NÚM. 86 DO 15 DE ABRIL DE 2017
A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 23 de marzo de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.- Aprobar as bases xerais reguladoras para a concesión de axudas de libros de texto, material escolar e comedor escolar do Concello de Ourense.
Segundo.- Publicar as bases aprobadas no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do Concello de Ourense.
Artigo 1 – Obxecto É obxecto destas bases a regulación da concesión de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar e para comedor escolar, destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo do Concello de Ourense que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados do Concello de Ourense, nos que non se segregue aos alumnos/as por sexo.
Artigo 2– Natureza xurídica As axudas que se conceden terán carácter de subvención e rexeranse pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de sub- vencións e normativa que a desenvolve, e a Lei 9/2007, de sub- vencións de Galicia.
Artigo 3– Compatibilidade As axudas serán incompatibles con calquera outra axuda que puidera percibirse coa mesma finalidade doutras institucións públicas ou privadas.
Artigo 4 – Destinatarios Unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes cumpran os seguintes requisitos:
4.1. Conten con nenos e nenas ao seu cargo, escolarizados en centros de ensinanza públicos ou concertados do Concello de Ourense, segundo as seguintes condicións:
4.1.1 Para o caso das axudas de libros e material escolar, estar matriculados en Educación infantil (3, 4 e 5 anos).
4.1.2 Para o caso das axudas de comedor, estar matriculados en Educación infantil, Educación primaria ou secundaria obrigatoria e ter praza de comedor escolar no centro, no momento da concesión da axuda.
4.2 Estean empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
4.3 Non superen os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (enténdese por familia monoparental a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con quen convive o/a neno/a, e que sexa a única sustentadora da familia).
Para os efectos destas bases reguladoras, considérase que forman a unidade de convivencia:
Os cónxuxes, parellas de feito ou titores legais, os fillos maio- res e menores de idade e os ascendentes dos cónxuxes, das parellas de feito ou dos titores legais que convivan no mesmo domicilio.
Nos casos de separación ou divorcio considerarase o pai ou a nai que teña a custodia dos menores por sentenza xudicial. No caso de custodia compartida ámbolos dous proxenitores. (…)
-Descargar Bases
-Descargar Formularios