• Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.
• Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública, entre os que están a transmisión da nosa riqueza cultural e a lingua que nos é propia.
• Porque un movemento de pais e nais agrupados fai que as iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respeto polas administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
• Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar.
• Pola importancia de levar aos consellos escolares a presencia dos pais e nais, organizados nas apas, para defender os intereses de todos, non os individuais.
• Porque se os pais/nais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos/as…..por quen o faremos?.
• Porque se os pais e nais non somos participativos, como explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?.
• Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
• Porque as ANPA deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do centro educativo.
• Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas. Participar é un dereito pero tamén é un deber.