A concellería de Cultura presenta a programación do Samaín 2016
Este ano a partir do 25 de outubro haberá iluminación na Fachada da Casa do Concello.
O reparto de cabazas comezará ás 17,00 h, na Asociación de veciños da Cidade Vella situada na rúa Liberdade. Repartiremos unha cabaza por neno ou nena e unha candea. Cada neno ou nena terá que vir buscar a súa cabaza
Ás 19,00 h apágase a luz das rúas e comeza o desfile terrorífico animado musicalmente pola AOFT- Gomes Mouro