Bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino
Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria fan público de novo as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia. O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Adxuntamos o enlace onde aparece toda a información, agardando sexa do voso interese e do interese de voso centro e pedíndovos que lle dedes toda a difusión posible.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190131/AnuncioG0424-100119-0003_gl.html