Camiñando en familia 2022
Chegaron as vacacións e FAPA Ourense organiza a 2ª Edición do proxecto XACOBEO 22
PEREGRINANDO POLA VÍA DA PRATA. ESCOLARES CAMIÑANDO EN FAMILIA
O noso programa desenvólvese entre os meses de xuño a outubro de 2022.
”ANDAINAS” con todas as súas connotacións positivas para a convivencia familiar e programa #Xacobeo2022 de FAPA AS BURGAS Ourense.
Ao longo de 21 xornadas, realizaremos tramos curtos, de 8 a 10 km, das 10 etapas oficiais do #CamiñodeSantiago #VíadaPrata, acompañados por guías profesionais de #GenuineGalicia
Este ano pasamos polo Barco de Valdeorras, aprobeitando a nosa asamblea provincial, o día 2 de xullo e logo continuamos á altura de Verín, para continuar ata Santiago de Compostela, atravesaremos 20 municipios.
Cada mes organizaremos un evento de dinamización con xogos populares, nalgúnha das localidades nas que finaliza a etapa e en setembro voltaremos a contar ca festa de fin de camiño. Estade atentas/os, seguiremos informando.
Queremos que esta actividade sexa un punto de encontro de familias, e sirva como actividade de ocio e lecer para @s máis cativos da casa, sementando boas experiencias, coñecementos e conductas para o seu desenvolvemento sano e íntegro. Unha actividade alternativa ás novas tecnoloxías, que tanto enchen o seu tempo.
Lembrade que as prazas son limitadas e admitiranse por orde de chegada.
Vémonos, Camiñantes!
Reserva praza no formulario de inscripción