PEREGRINANDO POLA VÍA DA PRATA
Ao longo das 26 xornadas de duración participarán un mínimo de 1.800 persoas como excursionistas a través dos municipios das 10 etapas oficiais do Camiño de Santiago Vía da Prata.
Dente a A Canda no Concello de A Mezquita ata Santiago de Compostela.
Desenvólvese en 20 municipios do Camiño de Santiago:
- A Canda Concello de A Mezquita
- A Gudiña
- Laza
- Vilar de Barrio
- Xunqueira de Ambía
- Baños de Molgas
- Paderne de Allariz
- Taboadela
- San Cibrao das Viñas
- Ourense
- Amoeiro
- Vilamarín
- Cea
- Piñor
- Dozón
- Lalín
- Silleda
- Vedra
- Boqueixón
- Santiago de Compostela
Promovemos unha actividade fóra da temporada de verán:
O noso programa desenvólvese entre os meses de maio a outubro de 2021.
Alén de facer o Camiño, ao finalizar o proxecto, o 3 de setembro de 2021, realizaremos unha “festa de fin de etapa”, nun concello da Provincia de Ourense situado no Camiño. A idea é que todas as familias que participaron ao longo das 26 xornadas que faremos do Camiño, se podan xuntar para celebrar o final do Camiño.
En concreto o concello sería: Ourense cidade.
Será unha actividade aberta a participar todas as familias da provincia de Ourense e á poboación dos concellos da zona.