AVISO: FIN de PERÍODO de RESERVAS online, luns 7 de setembro ás 12h
Un saúdo a todas as familias que forman parte de FAPA OURENSE AS BURGAS, como socias e socios da ANPA do seu centro de ensino, e como persoas usuarias que son dos servizos que prestamos para procurar a conciliación laboral e familiar.
O noso desexo é que todo seguira indo ben, como outros anos, pero tal e como recollemos na sección de Información Xeral dos formularios que tedes que cubrir FAPA Ourense As Burgas, non se pode facer responsable se as autoridades competentes para o ensino público deciden a suspensión dos servizos por mor da pandemia do COVID-19.
Antes de completar a solicitude, deberedes ter en conta os seguintes puntos:
1- Deberá cubrir a correspondente solicitude para o servizo solicitado na LIGAZÓN (castellano: enlace) correspondente ao centro de ensino no que figuren matriculadas/os.
2- Lea atentamente o formulario completo e comprobe que a información proporcionada é correcta. Como comprobarán dispoñen dun formulario de reserva online e outro en pdf por se prefiren cubrir a mao.
3- Para que a reserva de praza sexa efectiva, deberá presentar a documentación solicitada no formulario (incluído o recibo do ingreso en conta, da FAPA, do 1º mes). FAPA non reservará praza en ningún dos servizos a non ser que reciba esa documentación antes do 5 de setembro de 2020,agás para esporádicas/os
4-Protocolo para servizo de Acollida e Comedor adaptado ao Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021 da Xunta de Galicia.
Protocolo FAPA OURENSE AS BURGAS COVID-19 servizos de Acollida Almorzo e Comedor
Pago ou ingreso da primeira mensualidade do/s servizo/s solicitado/s. Concepto na trasferencia: Nome e Apelidos do neno/a e irmaos se houbese, e centro educativo no que están matriculados
Conta FAPA Ourense As Burgas: ES85 2100 2182 0702 0048 5216 Caixa Bank
Domiciliación bancaria. Modelo SEPA. Documento necesario para autorizar a FAPA Ourense As Burgas, a realizar o cobro directamente da conta bancaria da persoa responsable de pagar o/ servizo/s (imprescindible para todas as reservas que non sexan usuarios/as eventuais ou esporádicos/as):
SOLICITUDES DE RESERVA por centros educativos
CEIP A INMACULADA e CEIP CURROS ENRÍQUEZ (Ourense cidade). Servizos delegados pola ANPA: COMEDOR ACOLLIDA TEMPERÁ con/sen ALMORZO. (copia a URL e pega no buscador de internet)
- Reserva online Formulario de Reserva
- Formulario para imprimir Formulario para imprimir
- Eventuais ou esporádicos servizo de comedor reserva online Formulario de reserva
- Eventuais ou esporádicos servizo de comedor formulario para imprimir Formulario para imprimir
- Eventuais ou esporádicos servizo de ACOLLIDA TEMPERÁ con sen ALMORZO, reserva online: Formulario de reserva
- Eventuais ou esporádicos servizo de ACOLLIDA TEMPERÁ con sen ALMORZO formulario para imprimir: Formulario para imprimir
CEIP MESTRE VIDE e CEIP A PONTE. Servizos delegados pola ANPA: ACOLLIDA TEMPERÁ con/sen ALMORZO.
- Reserva online Formulario de reserva
- Formulario para imprimir Formulario para imprimir
- Eventuais ou esporádicos servizo de ACOLLIDA TEMPERÁ con sen ALMORZO, reserva online: Formulario de reserva
- Eventuais ou esporádicos servizo de ACOLLIDA TEMPERÁ con sen ALMORZO formulario para imprimir: Formulario para imprimir
CEIP VIRXE de CONVADONGA (As Eiroás) e CEIP Otero Pedrayo (Amoeiro). Servizos delegados pola ANPA: ACOLLIDA TEMPERÁ sen ALMORZO.
- Reserva online Formulario de reserva
- Formulario para imprimir Formulario para imprimir
- Eventuais ou esporádicos servizo de ACOLLIDA TEMPERÁ con sen ALMORZO, reserva online: Formulario de reserva
- Eventuais ou esporádicos servizo de ACOLLIDA TEMPERÁ con sen ALMORZO formulario para imprimir: Formulario para imprimir
A continución presentamos a táboa de tarifas para os servizos prestados para o curso 2020/2021:
COMEDOR: 85,5€
Este custo é o resultado despois de aplicar a parte proporcional prorrateada que correspondería á subvención do comedor da Xunta de Galicia). Descontos: Membro da ANPA desconto de 5 € (para aplicar dito desconto, deberá acheguar a documentación solicitada no formulario de reserva)
EVENTUAL ou ESPORADICO COMEDOR: 6,5€ (este custo é o resultado unha vez que se aplique a parte proporcional que correspondería á subvención do comedor da Xunta de Galicia) Desconto: Membro da ANPA: 0,5€ (Para aplicar este desconto, deberá achegar a documentación solicitada no formulario de reserva)
ACOLLIDA CON ALMORZO: 44,5€.
Desconto: Membro da ANPA: 3€ (para aplicar este desconto, deberá achegar a documentación solicitada no formulario de reserva)
ACOLLIDA SEN ALMORZO: 33€
CEIP Virxe de Covadonga- As Eiroás, por ter media hora máis servizo, o custe definivo é de: 43€). Desconto: Membro da ANPA: 3€ (para aplicar este desconto, debera achegar a documentación solicitada no formulario de reserva)
EVENTUAIS E EXPORADICOS
Para servizos de ACOLLIDA TEMPERÁ con ou sen ALMORZO): 3,20€. Desconto: Membro da ANPA: 0,20€ (para aplicar este desconto, deberá achegar a documentación solicitada no formulario de reserva).