CAMPAÑA INFORMATIVA REVÁLIDA DE 6º PRIMARIA
Compañeiras, compañeiros:
A LOMCE segue implantada e debemos minimizar os seus efectos porque afectan a toda a sociedade e ao alumnado en particular, que son as nosas fillas e os nosos fillos.
O Real Decreto 126/2014 de 28 de febreiro sinala que “Ao finalizar o sexto curso de Educación Primaria realizarase unha avaliación final individualizada a todos os alumnos e alumnas, na que se comprobará o grao de adquisición da competencia en Comunicación lingüística, da Competencia matemática e das Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, así como a consecución dos obxectivos da etapa. Dita avaliación realizarase dacordo coas características xerais das probas que estableza o Goberno, previa consulta ás Comunidades Autónomas”. É preciso manifestar o noso rexeitamento á realización da Avaliación Final de Primaria segundo marca a LOMCE.
Temos clara a finalidade desta proba: a súa realización e resultados non van repercutir de maneira positiva nin para o alumnado nin para os centros, polo que debemos opoñernos á proba e, para iso, é necesario realizar unha actuación conxunta CONFAPA-GALICIA, Federacións Provinciáis, ANPAs e nais, pais e titores a título individual.
Temos elaborados uns documentos base que podedes ver eiquí nos que se pide información sobre as medidas que está previsto tomar en base ós resultados de dita proba.
CEAPA, Confederación Española de Pais do Alumnado, da que CONFAPA forma parte, pedirá no MECD información sobre as instruccións dadas ás distintas Consellerías de Educación.
CONFAPA-GALICIA pedirá información á Consellería de Educación e ao Consello Escolar de Galicia sobre as instruccións dadas aos centros educativos.Confederación Galega de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Centros Públicos
CONFAPA GALICIA