INICIO DE CURSO 2016-2017
A posta en marcha das reválidas, a redución de profesorado, o incremento da
afinidade e o peche de escolas marcan o inicio do curso en Galicia
Coa aprobación do RD 310/2016 de 29 de xullo polo que se regulan as reválidas
completouse a implantación da LOMCE. En verán e con alevosía. A pesar de que se
viña anunciando desde moitas instancias unha disposición a paralizar o calendario de
aplicación da LOMCE non era máis que un engano. O ministro Méndez de Vigo foi o
primeiro que se comprometeu co diálogo e a explorar a búsqueda de complicidades no
desenvolvemento da Lei. Seguiu nesa dirección C´s que incluso incluíu no acordo para
investidura de Rajoy como un dos 150 compromisos para mellorar España, a medida
78 que establece que “conxelarase o calendario de implementación da LOMCE en
todos aqueles aspectos que non entraran en vigor”, isto á espera do desenvolvemento
do “Pacto Nacional pola Educación que permita un acordo en 6 meses”. Cando se
asinou o acordo con ese compromiso xa non quedaba nada por desenvolver da
LOMCE porque o PP xa aprobara o RD 310/2016. Isto non impediu o pacto o que
nos aclara a intención que hai de non cumprilo por parte do PP e a intención de non
esixilo por parte de C´s.A LOMCE xa está completamente desenvolvida e agora ten dous avais políticos: PP e
C´s que din unha cousa e fan a contraria. Como será que incluso J.A. Marina
posicionouse en contra da aprobación do RD de reválidas.Estas reválidas na ESO e Bacharelato desenvolven unhas probas longas, custosas,
inxustas e inútiles para a educación que necesita o alumnado do século XXI. Ademais
a lei segue sen resolver a situación de quen tras finalizar adecuadamente a súa etapa
educativa, non supere a reválida e, como consecuencia, non obteña o título
correspondente. Advertir que para o curso 2016/17 estas non terán carácter
académico polo que non serán requisito para titular, nin na ESO nin no bacharelato.As reválidas non contan co consenso da maioría das administracións educativas
autonómicas (agás as gobernadas polo PP) e que polo que sabemos ata o momento,
incorporan unha variedade de items meramente conceptuais, mentres que a
aprendizaxe continua nas aulas, elabórase a través de adquisicións de competencias,
a maior parte delas non contempladas neste tipo de probas.Contra esta medida estamos a debater a posibilidade de mobilizacións durante a
segunda quincena mes de outubro o na primeira de novembro. De forma global o
acordo entre PP e C´s temos que definilo como un engano á opinión pública pois as
medidas educativas contempladas suporían un incremento do actual gasto en
educación (gratuidade libros de texto, incremento prazas 0-3 anos…) e isto choca co
Pacto de Estabilidade e crecemento comprometido coa Unión Europea que marca
unha redución do gasto educativo ata o 3,7% do PIB para 2018 (no ano 2009 gastábase
en educación o 5% do PIB). Isto traducido en euros supón que o Pacto de Estabilidade compromete unha redución de 4.000 millóns de euros. O documento comeza afirmando “Consideramos fundamental manter un firme
compromiso coa estabilidade orzamentaria e o cumprimento do Pacto de Estabilidade
e Crecemento da Unión Europea.” O incremento previsto no acordo é de 710 millóns
só para 2017. Nos anos seguintes é superior. Incompatible cumprir os dous
compromisos.Da mesma forma no verán e desenvolvendo a LOMCE en Galicia a Consellería
presenta tarde as instrucións para a implantación no curso 2016-17 dos currículos de
ESO e bacharelato. Concretamente saíron publicadas no DOG do 1 de agosto coas
consecuencias organizativas que isto ten.Con respecto aos datos de inicio de curso concretámolos en tres apartados:
- Redución de profesorado. Remitíndonos a datos confirmados no «Boletín estadistico
do persoal ao servizo das Administracións Públicas» hai 1.200 postos de traballo
estruturais menos que en 2009 (442 en Coruña, 256 en Lugo, 229 en Ourense e 273
en Pontevedra). Máis de 1.400 prazas estables convertéronse en interinidades.- Redución de unidades na EI e EP: En total perdéronse 30 unidades de infantil e 37
unidades primaria, o que conlevou unha perda de profesorado de carácter estrutural
de 78 docentes. Perda tamén de prazas de orientación. Debemos lembrar que a
atención á diversidade é un dos aspectos mais afectados polas políticas de recortes.- Incremento de interinidades e itinerancias:
-En primaria a porcentaxe de vacantes ofertadas a profesorado interino incrementase
en tres puntos con respecto á adxudicación do curso pasado. Incrementase tamén a
porcentaxe de prazas itinerantes que supoñen un 4% mais que no curso pasado
chagando a ser case do 20% da adxudicación e a afinidade tamén aumenta en tres
puntos.
-En secundaria incrementouse a adxudicación a interinos en 200 vacantes mais que o
curso pasado, o que supón un punto mais sobre o total da adxudicación. Tamén se
incrementou en dous puntos a afinidade.
-Nesta liña de recortes, tamén denunciamos o novo recorte neste Curso as axudas de
comedor escolar que xestionan as ANPAs que alcanza un -30% nos dóus últimos
cursos.A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia ven de manter unha reunión co
grupo En Marea e estamos á espera de mantelo co PSOE e BNG. O noso obxectivo é
presentar as nosas demandas de cara ao proceso electoral galego; por unha banda
confirmar o documento que acordamos e asinamos en data…… Por outra banda iniciar
un proceso de diálogo que teña continuidade ao longo da lexislatura. Demandamos
que de producirse unha situación que permita aritmeticamente unha alternativa de
goberno estas forzas deben comprometerse a sumar esforzos para formar goberno e
poder levar adiante os compromisos en educación. Hai ámbito competencial suficiente
para avanzar en:-Reverter os recortes no ensino.
-Retirar os concertos aos centros que segregan por sexo.
-Gratuidade dos libros de texto
-Implementar medidas organizativas para democratizar o funcionamento dos centros..
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2016
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/160912-COMUNICADO-DA-PLATAFORMA-EN-DEFENSA-DO-ENSINO-PÚBLICO-DE-GALICIA-CON-MOTIVO-DO-INICIO-DE-CURSO-2016.pdf»]