Dirixido a: Concellería de Asuntos Sociais:
Bo día, FAPA Ourense As Burgas, dado o estado excepcional no que nos atopamos no que as familias menos favorecidas son agora mesmo as mais perxudicadas,
Solicita:
Que, tal e como vai facer a Xunta de Galicia con respecto ás axudas de comedor, o Concello de Ourense, e máis concretamente, a Concellería de Asuntos Sociais, poña á disposición dos becados de comedor dos centros escolares as cantidades correspondentes a ditas becas para garantir que eses rapaces poidan seguir alimentándose correctamente e non perdan ese dereito que polas suas condición lle foi otorgado a primeiros de curso.
Dende FAPA Ourense consideramos que, xa que estamos a falar dunha partida xa aprobada para este fin (becados de comedores escolares), non é xusto que fique sen gastar nun momento especialmente crítico para estas familias menos favorecidas.
Esta petición é tanto para os centros xestionados directamente pola FAPA (C.E.I.P Curros Enríquez e C.E.I.P Inmaculada) como para o resto dos centros cuxas ANPA asociadas a esta Federación están a xestionar o servizo de comedor ( C.E.I.P. A Ponte -segunda quenda-, C.E.I.P Prácticas, C.E.I.P Amadeo Barroso, C.E.I.P. Irmáns Villar, C.E.I.P As Mercedes, C.E.I.P. Vistahermosa), e en xeral para todos os alumnos de centros becados polo Concello para o curso 2019/2020.