CONCURSO DEBUXO CARICATURAS DÍA DO PAI
Bases do concurso “CARICATURAS DÍA DO PAI”
Data inicio: 14-03-2019
Data fin: 18-03-2019
1.-Poderán participar os alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria de 6 a 14 anos, dos centros de ensino da cidade ou contorna.
2.-O obxectivo deste concurso é que os nenos e nenas mostren os seus debuxos representando os titores legais, pai, ou quen o alumno/a considere mais próximo.
3.-Os traballos presentaranse en papel cartón ou similar o tamaño sera folio
4.-O xurado valorará os traballos presentados polos nenos/as, tendo en conta a orixinalidade, e atractivo, sendo a técnica libre.
5.-O prazo de presentación será do 14 de marzo ao 18 de marzo rematando o prazo ás 15:00h do luns.
6.-Os traballos entregaranse na Praza de Abastos No1 ou na administración da mesma Praza de Abastos Nº1 en horario de mañá (Alameda do Concello, edificio provisional da Praza de Abastos).
***Deberán aparecer, no debuxo unha pegatina na parte posterior cos datos do alumno ou alumna (nome e apelidos, idade, número de teléfono dos representantes legais, e do centro escolar é curso)
7.-Estableceranse 3 categorías, de 8 a 9 anos (E.P.) e de 10 a 12 anos (E.P) é 12 a 14 anos (ESO) Os traballos gañadores poderanse usar no material promocional que se faga para ese evento.
8.-Cada categoría obterá un premio, consistente nun lote de produtos do mercado.
9.-O xurado estará conformado por tres representantes, un da Praza de Abastos (poderase variar a composición do xurado de ser necesario).
10.-Poderanse recuperar todos os traballos o luns 25 de marzo, a excepción daqueles que estean moi deteriorados.
11.-O Xurado resérvarase o dereito a declarar, calquera categoría deserta.
12.- A entrega do premio será o sábado 23 de marzo as 12H.
* O tamaño estándar será tamaño Folio.
**A exposición dos traballos dependera do numero de traballos, calidade e limitacións técnicas do recinto e recursos
Coordinador: Alberto González Villar (988220188)