BASES DO CONCURSO PARA O DESEÑO DO CARTEL DO NADAL 2015
Está dirixido ao alumnado de 6º de Primaria da demarcación do Concello de Ourense
A Concellería de Cultura do Excmo. Concello de Ourense, convoca un concurso para a confección do cartel anunciador da festividade de Nadal, de acordo coas seguintes bases:
TEMÁTICA: O cartel será representativo e estará relacionado coa festividade de Nadal.
FORMATO: Os deseños presentaranse en formato A4, a técnica será libre, aínda que se recomenda que as cores sexan fortes para que destaquen unha vez impresos.
PARTICIPANTES: Está dirixido ao alumnado de 6º de Primaria da demarcación do Concello de Ourense. Cada colexio poderá presentar dous traballos.
RECEPCIÓN DAS OBRAS: Os traballos deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense nun sobre, onde figurará “Concurso cartel Nadal 2015” e debaixo un pseudónimo ou lema.entro estará o traballo e, nun sobre pechado, figurará por fora o mesmo pseudónimo ou lema e dentro os datos de identificación do colexio (teléfono e correo electrónico) e do alumno (nome, apelidos, DNI, teléfono e enderezo). Só se abrirán os sobres das obras que resulten premiadas. O prazo límite para todos os efectos de presentación, será o día 1 de decembro ás 14:00h.
PROPIEDADE DAS OBRAS: O deseño gañador pasará a ser propiedade do Concello de Ourense e será empregado como imaxe da festividade do Nadal 2015. Os restantes poderán ser retirados nos 30 días seguintes á finalización do concurso.
XURADO: A decisión do xurado será inapelable e estará formado por cinco persoas, a concelleira de Cultura (ou a persoa na que delegue), dous técnicos da Concellería, un técnico do Gabinete de Prensa do Concello e un auxiliar administrativo da Concellería que actuará como secretario do xurado. O xurado valorará o conxunto de debuxos presentados tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. O concurso poderá quedar deserto.
COMUNICACIÓN DO GAÑADOR: O Concello porase en contacto, tralo fallo do xurado, co colexio do traballo gañador, por teléfono e por correo electrónico.
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/Bases-concurso-cartel-Nadal-2015.pdf» height=»900px» width=»720px» save=»1″]