Confederación Galega de ANPAS de Centros Públicos
COMUNICADO DE CONFAPA-GALICA
CONFAPA GALICIA rexeita o decreto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que dita as instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria, CONFAPA GALICIA manifesta a súa oposición á devandita proba; entendendo que:
1.- A proba de avaliación é prácticamente a mesma co ano pasado, na que Xa manifestamos a nosa oposición. As razóns que nos levaron a rexeitar a proba seguen a ser completamente Válidas.2.- Mentres as restantes probas pasaron a ser de carácter estadístico, por mostraxe, a de 3o de primaria ten carácter Censual, é decir, avalía á totalidade do alumnado.
3.- Esta avaliación pódese ter en conta para repetir curso. Así o establece a LOMCE no seu articulado, lei que segue en Vigor.
4.- Avalía únicamente as competencias de lingua e matemáticas.
5.- Clasifica ao alumnado desde idades temperás.
6.- Non se adapta ao alumnado con necesidades educativas especiais ou con altas capacidades.
7.- Fomenta a competencia entre os centros e a súa estigmatización sen tomar en conta circunstancias locais compensatorias da avaliación.
8.- Desautoriza o profesorado e o sistema de avaliación contínua.
9.- A proba Xa demostrou o seu nulo Valor nestes dous anos que leva en Vigor. Sendo CONFAPA-GALICIA unha organización implantada no conxunto da Comunidade Autonómica, non coñecemos ningún caso de medidas adoptadas nun Centro de Ensino como consecuencia da proba de avaliación. O valor neto da proba para os pais e nais do alumnado é simplemente insignificante; hai casos nos que as familias non chegaron a recibir o resultado das probas ate o seguinte Curso.
Nun contexto político e social no que a LOMCE atopase en aplicación suspendida mentre non se acade un pacto educativo para establecer as bases dun sistema educativo compartido e defendido polo conxunto da sociedade, continuar desenvolvendo oas aspectos máis daniños da LOMCE é unha declaración de intencións clara, que dende as familias que compoñemos a Comunidade Educativa dos Colexios Públicos de Galicia, rexeitamos frontalmente.
Polo tanto, CONFAPA GALICIA esixe da Administración educativa a paralización e a retirada da devandita proba, e invita a toda a Comunidade Educativa a opoñerse activamente ao seu desenvolvemento.
Xunta Directiva CONFAPA GALICIA Maio de 2017.
[gview file=»https://fapaourense.es/wp-content/uploads/XUSTIFICACIÓN-DE-AUSENCIA-DE-ALUMNADO-AO-CENTRO-EDUCATIVO.pdf»]