Confederación Galega de ANPAS de Centros Públicos
COMUNICADO DE CONFAPA-GALICA
En relación coa noticia publicada o mércores 17 de maio na Voz de Galicia sobre a reunión mantida coas Consellerías de Infraestructuras e Vivenda e Cultura, Educación e OU para tratar o proxecto da Xunta de permitir o transporte de viaxeiros nas prazas sobrantes do trnsporte escolar, queremos aclarar:
CONFAPA Galicia foi convocada en calidade de confederación maioritaria de ANPAS de Galicia, e como tal asistiron á reunión o seu presidente e vicepresidente.
Na devandita reunión, a Xunta de Galicia explicou as liñas mestras do seu proxecto, e respondeu ás cuestións propostas por CONFAPA Galicia e ANPAS Galegas. Pola nosa parte, en ningún caso se deu apoio á proposta. Entre outras razóns, porque estamos á espera da publicación do proxecto no DOG e a súa posta á información pública.
Entre as Cuestións que CONFAPA Galicia formulou ás Consellerías están as seguintes:
1.- Pedimos que se hai prazas libres no transporte escolar se incorporen os estudantes de bacharelato que actualmente non teñen dereito a ese servizo complementario ao non ser educación obligatoria. A resposta da Consellería é que xa se está facendo, pero non como un dereito recoñecido, senón naqueles casos en que poden incorporalos, con un permiso especial. Pero en ningún caso a Consellería vai modificar a lexislación vixente en materia de transporte escolar.
2.- Solicitamos que se establezcan claramente os mecanismos que van a facer posible a modificación de rutas, zonificacións e horarios nos Colexios, de xeito que o transporte escolar non supoña un impedimento insalvable, mais tendo en conta que se se abre ao transporte de viaxeiros haberá un interese púnlico afectado nestas actuacións. Segundo a Consellería, vanse seguir atendendo estas cuestións como ata o de agora, é decir, sempre que non exista un incremento de custo no transporte escolar ou se supere o máximo tempo de ruta de unha hora.
3.- Preguntamos se os alumnos van a sufrir unha maior duración das rutas do transporte escolar por recoller viaxeiros. A resposta das Consellerías foi que as rutas non se van a modificar, e simplemente vanse recoller viaxeiros nas propias paradas do transporte escolar.
4.- Preguntamos pola seguridade do alumnado, como se van a distribuir aos viaxeiros e alumnos no autobús, e se van a levar coidadores. Segundo as Consellerías, os alumnos teñen praza no autobús reservada e irán agrupados. O proxecto contempla que nos casos en que o transporte sexa aberto a viaxeiros, sempre deberá haber un acompañante, ainda que por ratio non lle corresponda.
5.- Interesámonos polas Cuestións da seguridade dos estudantes e a convivencia no transporte, e como se van a resolver os conflitos, tendo claro que os alumnos están con coidador e cunhas normas coñecidas, pero que os viaxeiros non teñen porque coñecer esas normas. As Consellerías despostan que non cren que vaian a existir conflitos importantes, pero que tomarán as medidas oportunas segundo vaian xurdindo.
6.- Suxerimos á Xunta de Galicia que inicialmente faga este proceso nunha fase de probas, e que nos permita a toda a comunidade educativa valoralo antes da súa implantación definitiva. Segundo as Consellerías, este proceso de proba xa é así de facto, pois hai unha primeira implantación ate o 2019, co cal neste período pódense facer as correcións necesarias para que o proceso sexa satisfactorio.
Finalmente CONFAPA Galicia quere sinalar que non se pronunciará definitivamente ate o remate do proceso administrativo, co decreto definitivo publicado no DOG. Para elo primeiro debe haber unha exposición pública que comeza o día 30 de maio e un prazo de presentación e aprobación de enmendas, nas que imos participar activamente.
O Presidente Rogelio Carballo Solla