Prezados amigos e amigas.
Achegamos documentos elaborados dacordo coa iniciativa de CONFAPA GALICIA e mailas Federacións de ANPAs aprobada na derradeira xuntanza do pasado día 29 de abril, co gallo da proba de terceiro de educación primaria.
Contra a proba de Terceiro de Primaria.
1.-Comunicado Revalida 3º E.P.
2.-Xustificación en caso de ausencia ás clases do alumnado.
3.-Documento de pai/nai solicitando información ao director/a da proba de evaluación
4.-Documento de pai/nai conselleiro solicitando información ao Presidente do Consello Escolar sobre a proba de avaliación.
5.-Documento do presidente/a da ANPA solicitando información ao director sobre a proba de avaliación.
6.-Documento do representante da ANPA no Consello Escolar ao Presidente do Consello Escolar solicitando información sobre a proba de avaliación.
7.-Escrito enviado á Consellería de Educación solicitando entrevista para clarexar ás cuestións recollidas nos documentos. (non hai resposta).
8.-Comunicado de CONFAPA.
Esperamos que sexa do voso interés e, coma sempre, si tedes calqueira consulta ou aclaración, non dubidedes en poñervos en contacto con nos a través do formulario que se atopa na beira desta páxina.
Podedes descargar os documentos, imprimilos e utilizalos segundo o voso criterio. Porque de seguro que case todos estamos Contra a proba de Terceiro de Primaria.
1. Comunicado Revalida 3º Educación Primaria
A Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos remitíu nos primeiros días do mes de abril un escrito ao Conselleiro de Educación solicitándolle información sobre a incidencia da proba externa no expediente do alumnado así como os reforzos e as axudas previstas para os alumnos e/ou grupos de aula que non superen a proba. Ata o día de hoxe non obtivemos resposta por escrito e o Consello Escolar de Galicia remitíunos á Consellería.
Este silencio por parte da Administración nos preocupa e o noso deber é transmitirllelo así ás familias.O que se propón avaliar coa reválida son os resultados obtidos polo alumnado en dous campos concretos: os de competencias lingüísticas e matemática. Non avalía nada máis, nin o entorno socio-económico e cultural no que se sitúa o centro educativo nin os programas, recursos, etc. que se están aplicando no centro; nin sequera a situación de partida do alumnado avaliado.
O que prima, seguindo o espírito da LOMCE que nós rexeitamos, son as cualificacións, os resultados: non importan os procesos educativos nin a forma de aprender. Isto levará a unha clasificación do alumnado segundo a cualificación obtida e a un ranking de centros escolares en función tamén dun resultado.Por segregadora, por antipedagóxica e por resultadista CONFAPA-GALICIA rexeita frontalmente a proba externa pensada para 3º de Educación Primaria á que seguirán outras probas similares ao longo do periplo académico dos nosos fillos e fillas no marco dunha Lei Educativa feita sen contar cos axentes educativos e aprobada por un único partido político.
A través das catro federacións que compoñen CONFAPA-GALICIA, iniciouse o despliegue a cada Asociación de Nais e Pais do Alumnado de documentos para que as familias, libremente, decidan sobre a conveniencia ou non de que as súas fillas e os seus fillos se presten a un experimento do que nada positivo van a obter, dado o silencio da Consellería sobre o asunto.
Reclamamos ao Conselleiro de Educación unha información seria e veraz sobre esta proba externa. Non estamos dispostos a que se confunda aos cidadáns facendo referencias ás avaliacións de diagnóstico que nada tiñan que ver cunha reválida externa. Queremos unha resposta detallada e por escrito ao que hai tempo lle demandamos.–
A misma resposta, (ningunha), fói a recibida polas ANPAs e polas federacións provinciáis.
Por todas esas razóns a Federación Provincial de ANPAS de Ourense e CONFAPA reiteramos a nosa oposición frontal a esta lei nefasta, rexeitada por toda a comunidade educativa, solicitando á Consellería de Educación a inmediata paralización e retirada da proba, a chamada reválida de 3º de Primaria.
Igualmente reiteramos o noso absoluto apoio as familias do alumnado de 3º de EP que, co fin de evitar consecuencias negativas para os seus fillos e fillas, adopten a decisión de que non acudan ao colexio nas datas da proba (27 e 28 de maio). Para estas familias poñemos a súa disposición o modelo-xustificante deseñado e que pedimosvos lles facilitedes, así como a asistencia técnica correspondente da propia Federación.
A Federación Provincial e CONFAPA GALICIA en nome do movemento asociativo de nais e pais de Galicia, reiteran o seu compromiso de participar activamente na derogación desta lei nefasta, xunto as demáis organizacións sociáis representativas dos outros sectores da comunidade educativa galega.
FAPA Ourense As Burgas
Ourense, maio de 2015.
2. Xustificación en caso de ausencia ás clases do alumnado.
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/XUSTIFICACION-DE-AUSENCIA-DE-ALUMNADO-AO-CENTRO-EDUCATIVO.docx» height=»420px» width=»800px» save=»1″]
3. Documento de pai/nai solicitando información ao director/a da proba de evaluación
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/Doc.peticion-infor.a-direccion-familias.doc» height=»900px» width=»800px» save=»1″]
4. Documento de pai/nai conselleiro solicitando información ao Presidente do Consello Escolar sobre a proba de avaliación.
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/Representante-ANPA-CEC.doc» height=»900px» width=»800px» save=»1″]
5. Documento do presidente/a da ANPA solicitando información ao director sobre a proba de avaliación.
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/Presidente-ANPA-a-direccion.doc» height=»900px» width=»800px» save=»1″]
6. Documento do representante da ANPA no Consello Escolar ao Presidente do Consello Escolar solicitando información sobre a proba de avaliación
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/Representante-ANPA-CEC.doc» height=»900px» width=»800px» save=»1″]
7. Escrito enviado á Consellería de Educación solicitando entrevista para clarexar ás cuestións recollidas nos documentos. (non hai resposta).
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/Evaluacion-3-Conselleria.pdf» height=»900px» width=»800px» save=»1″]
8. Comunicado de CONFAPA.
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/Revalida-3-E-P-CONFAPA.doc» height=»900px» width=»800px» save=»1″]