Convenio comedores e acollida temprá
Comisión de comedores:
O 15 de xuño tivemos reunión da Comisión de Comedores da FAPA para escoller a empresa que prestaría este ano o servizo de catering nos colexios que temos cedida a xestión á Federación.
Daquela, a Concellería de Educación aseguráralle á FAPA que este ano se asinaría un convenio polo cal o Concello aportaría unha cantidade de diñeiro por determinar para mellorar o servizo de acollida e comedor.
Ante esa posibilidade, a empresa elixida pola comisión fixo 2 propostas:
1. Manter o mesmo menú do curso pasado subindo de 78,50 a 80,50€.
2. Mellorar o menú do curso anterior introducindo froitas e verduras frescas de tempada con un prezo de 85,50€ e que os 5€ de incremento se pagasen co convenio, de xeito que as familias usuarias de comedor pagarían igualmente 80,50€.
Naquela reunión da mesa de comedores escolleuse a 2ª opción porque non se contemplaba que o convenio non se asinase.
Chegado setembro tivemos unha nova reunión da mesa de comedores, o día 5, na que fixemos entrega das solicitudes de comedor de cada centro e se deliberou acerca de como se ía a comezar o servizo, se con froitas e verduras frescas (85,50€) ou sen elas (80,50€). Seguíase dando por seguro que habería convenio, pero o compromiso non era firme ainda e, por tanto, tiñamos que valorar a hipótese de que finalmente as cousas se torceran.
Había un colexio que quería froitas e verduras frescas independentemente de se había ou non convenio, outros preferían comezar sin elas ata que se confirmase. Por outra banda como á empresa en xuño lle dixeramos que escolliamos o menú con froitas e verduras frescas xa adquirira ferramentas, xa tiña buscados proveedores,…
Ao final a decisión unánime foi seguir confiando en que habería convenio e comezar coas froitas e verduras frescas de temporada pagando inicialmente as familias 85,50€ e cando o convenio se materializase pasarían a pagar 80,50€ e devolveríanselle 5€ por cada mes que tivese pagado xa.
Aos poucos días daquela reunión informábasenos de que o importe do convenio rondaría os 95.000€ polo que se poderían realizar moitas máis melloras: auga embotellada, cepillos dentais eléctricos para todos os nenos e nenas, manter o servizo de acollida naqueles centros que non acadan o mínimo de usuarios,…
O 6 de outubro aprobábase provisionalmente no Pleno do Concello unha modificación de crédito para dotar os cartos necesarios para a sinatura do convenio. Esta aprobación provisional publicouse no BOP o 13 de outubro e concedía un prazo de 15 días hábiles para presentar alegacións. En caso de non presentarse ningunha a modificación quedaría automáticamente aprobada de maneira definitiva.
O prazo de presentación de alegacións remataba o 6 de novembro, pero non é ata o 17 cando nos enteramos pola prensa de que un sindicato presentara alegacións. Esto fai que, ante a proximidade do peche do exercicio o noso convenio corra perigo de non ser asinado finalmente para este curso.
Non é a primeira vez que este sindicato presenta alegacións contra unha modificación de crédito nin será última porque mantén unha disputa por cuestións laborais co Goberno Municipal. De feito, no Pleno de outubro desestimáronse outras que tiña presentado contra unha modificación aprobada no Pleno do mes anterior.
Por tanto, se non actuamos agora tememos quedarnos este curso novamente sen convenio. Teremos que esquecernos das melloras e valorar se voltamos ao menú do ano pasado por 80,50€ ou mantemos as froitas e verduras frescas pagando 85,50€. Os socios das ANPAs, como outra actividade extraescolar máis, benefician dun desconto de 5€. Polo que o custe do menú co convenio sería de 75,50€.