Educación fixa as datas das avaliacións de 3º e 6º
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de fixar para o mes de maio as datas das probas de terceiro e sexto de Educación Primaria establecidas na Lomce. Tal como informou o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, este ano -en cumprimento da normativa vixente- celebrarase por primeira vez a avaliación final de 6º de Primaria, que en Galicia será os días 11, 12 e 13 de maio. Así mesmo, xa por segundo ano, tamén se realizará a proba de 3º de Primaria, que será os días 24 e 25 de maio. O Diario Oficial de Galicia publicará os vindeiros días a Resolución na que se especifica, de xeito detallado, o desenvolvemento desta proba, e que poderá consultarse ao longo do día de hoxe no portal web da Consellería.
Sexto de primaria: 11, 12 e 13 de maio
Terceiro de primaria: 24 e 25 de maio
Máis información, eiquí.