PROGRAMA ESCOLA DE NAIS E PAIS POLA IGUALDADE DE XÉNERO 2022 FAPA OURENSE AS BURGAS
Queremos facervos partícipes do proxecto Escola de Pais e Nais. Pola Igualdade de Xénero, que desenvolveremos ao longo deste mes de novembro de 2022.
Agradecemos a participación e colaboración das 10 anpas que este ano participarán nos obradoiros. Ver Obradoiros Pola Igualdade de Xénero.
1) Adult@s. Obradoiro Sexualidade e desenvolvemento persoal
2) Infantil. Espectáculo de Máxia: a Igualdade non ten Truco
Este ano é moi especial para nós, porque retomamos as actividades presenciais, a maldita pandemia fixo que dende o 2020, a Escola mantivese a súa presenza a nivel online.
Podedes ver como desenvolvemos as entrevistas, no espazo Mulleres pola Igualdade nas seguintes ligazóns do traballo realizando:
https://fapaourense.es/categoria/igualdade/
Mulleres pola Igualdade
Continuamos con esta serie de entrevistas un ano máis. En breve colgaremos na Canle FAPA OURENSE os novos videos.
https://www.youtube.com/channel/UCb7qHyLw_29GBo4T5oIGXzQ/playlists
Como vedes levamos dende 2019 desenvolvendo a Escola de Nais e Pais
A idea é amosar mulleres e homes, organización, que destaquen no só pola súa concienciación a respecto da Igualdade de Xénero, se non tamén que sirvan de exemplo á sociedade, á cidadanía.
Agardamos que o progama sexa do voso agrado e unha vez máis o noso agradecemento a todas as persoas: técnicos, protagonistas das entrevistas, público participante e sobre todo ás ANPA da provincia de Ourense, que fan unha gran labor para mellorar a calidade no funcionamento dos Centros de Educación
Un saúdo dende a directiva de FAPA OURENSE.