Prohibición do Panga, a Tilápia esimilares nos comedores escolares
En data 06 de febreiro presentaronse escritos ante as xefaturas territoriais de cultura e sanidade en defensa do dereito a unha alimentación sa e saudable dos menores, comunicámoslles que esiximos que se prohiba de forma urxente o uso nos comedores escolares de toda a provincia do Panga, a Tilápia e calquera outro peixe similar en canto ao modo de produción empregado con estes.
Á ATENCIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DE OURENSE
Á ATENCIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE
2 de febreiro de 2017
Asunto: prohibición do Panga, a Tilápia esimilares nos comedores escolares
Estimados/as titulares das instancias ás que se dirixe este escrito.
Nas últimas semanas incrementouse de forma exponencial a preocupación social polo consumo de determinados peixes en especial polo Panga, pero tamén pola Tilápia e outros similares. A emisión de diferentes noticias, tanto en prensa como en radio e televisión, así como reportaxes específicas sobre iso veñen dando a razón ás entidades que mostraramos a nosa preocupación pola súa utilización, como ocorre no caso das asociacións de pais e nais e de FAPA Ourense, xa que nas declaracións do noso movemento asociativo expresouse de forma reiterada a nosa desconformidade
co uso destes peixes nos comedores escolares.
Nos últimos días, incluso algunhas multinacionais da alimentación anunciaron que deixan de vender algúns destes peixes emitindo iso se comunicados no sentido de que venderán as súas existencias ata esgotalas porque non existe perigo con elas. Sen dúbida é unha saída necesaria para estas empresas para non atoparse con graves perdas por non poder vender ditas existencias o que ocorrería se anunciasen que deixan de vender estes produtos por cuestións ligadas coa súa calidade.
Sexa como for, é evidente que unha decisión como a tomada polas multinacionais da alimentación non é algo habitual e ten, sen dúbida, moitas máis razóns que as esgrimidas. E aínda que sexa imprescindible, segundo o noso parecer, que se deixe de vender nas superficies de alimentación non é menos certo que nos comedores escolares utilízanse alimentos que non pasan polos devanditos establecementos e portanto non queda garantido que deixen de usarse nelles.
Por todo o anterior en defensa do dereito a unha alimentación sa e saudable dos menores, comunicámoslles que esiximos que se prohiba de forma urxente o uso nos comedores escolares de toda a provincia do Panga, a Tilápia e calquera outro peixe similar en canto ao modo de produción empregado con estes.José Antonio Alvarez Caride
Presidente FAPA Ourense