FAPA OURENSE AS BURGAS. EDUCANDO EN VALORES, EDUCANDO EN IGUALDADE
Ao longo deste últimos cinco meses escolares, a nosa exposicón itinerante, estivo por 12 centros da Provincia de Primaria e Secundaria
Con esta exposición, tentamos chegar a toda a comunidade escolar (nais e pais, nenas e nenas, profesorado, servizos auxiliares) a toma de conciencia pola importancia da Igualdade de Xénero, para o beneficio de toda a sociedade.
Fomentamos a co-educación nas familias para a prevención do acoso e a violencia en xeral e en especial a de xénero.
Agradecemos especialmente a cada un dos participantes na exposición, nos podcast e nas grabacións de video, a súa participación. Imaxes paneis exposición
Son:
LUCÍA NESPEREIRA GÓMEZ. Empresaria e Xogadora de fútbol sala na división de honor co equipo Cidade das Burgas | |
MARISOL DÍAZ MOUTEIRA. Delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense. . Ex-xefa territorial da Consellería de Educación | |
FRANCISCO GONZÁLEZ SARRIA “Paco Sarria”. Xornalista. Xefe de informativos Onda 0 Ourense | |
ENCARNA SUEIRO DOMÍNGUEZ. Orientadora Familiar. Profesora asociada da Universidade de Vigo de Psicoloxía evolutiva e comunicación | |
ALEXIA GUEDE FERNÁNDEZ. Orientadora Escolar no IES Cidade de Antioquía | |
JOSE ANTONIO ÁLVAREZ CARIDE. Presidente FAPA Ourense As Burgas | |
RAMÓN ÁLVAREZ ÁLVAREZ. Policía Nacional. Unidade VIOGEN adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia | |
LORENA NEGREIRA LÓPEZ. Batería no grupo musical The Tetas Van. Docente de Educación Primaria |
|
VICTORIA E. DIÉGUEZ GUERRERO. Avogada. Mediadora familiar.Forma parte da Asociación Española de Abogad@s de Familia | |
PAULA CARREIRO PRIETO. Secretaria Xeral de Ensino na Federación de empregados de servizos públicos ( FeSP-UXT) da Unión Xeral de Traballadores de Galicia. Docente especialista de Pedagoxía Terapéutica (MPT) | |
MARÍA ELENA DE JESÚS RODRÍGUEZ. Directora do CIMM Ourense. Profesora asociada da Universidade de Vigo de Análise e intervención socio-educativa |
|
MARISOL NOVOA RODRÍGUEZ. Presidenta da CEO (Confederación de Empresas de Ourense) | |
Todos e todas unidas por unha mesma causa, unha ESCOLA LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTA. Unhas crianzas educadas en valores e en igualdade
Persoas que tentan representar á sociedade ourensán, e que son exemplo de superación dos estereotipos de xénero negativos, que traballan dende cada un dos seus ámbitos para superar os valores machistas que minusvaloran as capacidades e ideas das mulleres coma colectivo.
Són hai que prestar atención ao número de vítimas mortais que cada ano se dá na Violencia de Xénero
Fonte: Secretaría de Estado de Igualdade. Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero
Polo futuro das nosas nenas e nenos, pola Igualdade de trato e de oportunidades, dámosvos as grazas, a todas e todos: ás nenas, aos nenos, aos profesores e profesoras, aos equipos directivos, ao persoal de conserxería e a todas as persoas que fixeron posible esta exposición