Magosto na Alameda do Concello
Información facilitada pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense
O Magosto celebraráse na Alameda o vindeiro 11 de novembro, día de San Martiño, no que se repartirán:
- 1.000 kilos de castañas asadas,
- 2000 racións de chourizo -con opción para celíacos-,
- Auga ou viño polo prezo de un euro.
“Para os que non vaian ao monte o día do San Martiño”, dixo a concelleira Belén Iglesias, “temos preparada unha tarde de actividades en familia, unha das nosas máximas na Concellería”.
- Ás 17:00 horas comezará a arder a fogueira e comezará a venda dos tíckets de comida.
- Ás 17:30 comezarán os obradoiros infantís ao tempo que actúan “As Daniñas”.
- Ás 18:00 comezará o reparto de comida, amenizado polo grupo de gaiteiros Furafoles. Desde as 19:00 horas, o grupo Os Carunchos será o encargado da música desde o templete da Alameda.
+ información da axenda cultural:
www.ourensecultura.com/Agenda/filtro/0/0
Twitter: @ourensecultura
Facebok: Ourense Cultura e Auditorio Municipal de Ourense
Programa de actividades
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/Programa-Magosto.pdf» height=»900px» width=»720px»]