Na miña escola falta unha asignatura: meu tempo libre
Dentro da campaña “Na miña escola falta unha asignatura: meu tempo libre”, FAPA Ourense e CONFAPA-GALICIA, xunto coa Confederación Española de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado (CEAPA) da que formamos parte, queremos concienciar a toda a sociedade do que significa para os nosos fillos e as nosas fillas a os inxentes deberes obrigatorios que alongan as súas xornadas de traballo ata oito e incluso nove horas diarias en moitos casos.
Son esos deberes obrigatorios que deberían quedar rematados nos centros educativos; a obrigatoriedade destes fai que as familias non poidamos programar actividades propias da familia, que disminúen o tempo de lecer que precisan, de conversación entre eles e nós, que a nosa tarefa de pais e nais na educación dos nosos nenos estea interrompida no tempo por actividades obrigatorias que non redundan na súa aprendizaxe posto que son repetitivas pero, moi ao noso pesar, cualificadas negativamente se non as fan nos tempos marcados e que impeden outras que son imprescindibles na formación integral dos nosos fillos e fillas.
Pretendíamos abrir ese debate e o conseguimos. O debate está aberto e parece evidente que responsabilizamos a un modelo educativo cuestionable e que cuestionamos e que pretendemos mudar dende o debate e a reflexión colectiva do conxunto da Comunidade Educativa da que as familias do alumnado somos parte imprescindible, xunto aos docentes que teñen que ser parte da solución deste grave problema.
Helena Gómez Vecino
Presidenta CONFAPA GALICIA
Documentación necesaria para participar na campanha
Si estades interesados en participar na «Campanha Fins de semana de novembro sin deberes» Podedes descagargar os Documentos básicos nesta ligazón
1. CIRCULAR AS ANPAS E FAMILIAS.
2. 9 RAZÓNS E PORQUÉS DESTA CAMPAÑA.
3. PETICIÓN AO DIRECTOR/A DO CENTRO EDUCATIVO PARA QUE OS DOCENTES NON POÑAN DEBERES AS FINES DE SEMANA DE NOVEMBRO.
4. PETICIÓN AO TITOR DOS VOSOS FILLOS E FILLAS PARA QUE OS SEUS DOCENTES NON LLES POÑAN DEBERES AS FINES DE SEMANA DE NOVEMBRO.
5. COMUNICACIÓN AO TITOR POR NON LEVAR OS DEBERES FEITOS DESPOIS DO FIN DE SEMANA NO CASO DE QUE LLOS PUXERAN.
2. 9 RAZÓNS E PORQUÉS DESTA CAMPAÑA.
3. PETICIÓN AO DIRECTOR/A DO CENTRO EDUCATIVO PARA QUE OS DOCENTES NON POÑAN DEBERES AS FINES DE SEMANA DE NOVEMBRO.
4. PETICIÓN AO TITOR DOS VOSOS FILLOS E FILLAS PARA QUE OS SEUS DOCENTES NON LLES POÑAN DEBERES AS FINES DE SEMANA DE NOVEMBRO.
5. COMUNICACIÓN AO TITOR POR NON LEVAR OS DEBERES FEITOS DESPOIS DO FIN DE SEMANA NO CASO DE QUE LLOS PUXERAN.