Bases do concurso de relatos curtos PREMIO TORIBIO
O concurso literario desenvolverase baixo as seguintes BASES.
Fase de presentación:
- Un ou ambos premios poderán ser considerados DESERTOS se os traballos presentados non acadan, a interpretación do xurado, a calidade necesaria para ser premiados.
- Unha vez pechado o prazo de entrega, os traballos valoraranse por un XURADO, creado con tal fin no propio centro, que lerá os escritos presentados e escollerá os premiados.
- Os traballos deberan ser orixinais, inéditos e non ter sido premiados con anterioridade noutro concurso literario.
- Os textos deberán ter unha lonxitude máxima de 6000 palabras, en prosa, estar totalmente escritos en lingua galega (salvo necesidade argumental do uso puntual doutras linguas), e manter a estrutura xeral dun texto narrativo.
- Os escritos presentaranse impresos en papel DINA4, preferentemente asinados baixo pseudónimo e nun sobre pechado que inclúa o nome e curso do alumno /a que participe. En caso de que o departamento de Galego o solicite o traballo pode tamén ser presentado baixo o nome real do alumno/a. Poderanse entregar ós docentes de galego ou ben na Conserxería do Centro.
- Poderán participar nel TODOS OS ALUMNOS/AS de secundaria do centro presentando textos manuscritos ou mecanografados en formato dixital (Word ou similar)
- O prazo de presentación dos traballos iniciase coa convocatoria do concurso.
- O xurado destacará dous traballos pola súa calidade, designando un como PRIMEIRO PREMIO, e outro como SEGUNDO PREMIO. Sinalará tamén aqueles TRABALLOS DESTACADOS pola súa calidade.
- As decisións deste xurado son inapelables.
O Xurado
- Para valorar os traballos formarase un XURADO que estará composto por 5 membros:
- 1 PRESIDENTE: Elixido polo equipo de organización, que actuará tamén como enlace entre a organización local e o equipo provincial.
- 1 SECRETARIO DE MESA: Elixido pola ANPA. Elevará acta das deliberacións do xurado e realizará as notificacións necesarias
- 2 VOGAIS Elixidos entre o profesorado do Centro
- 1 VOGAL Elixido entre o alumnado.
- A composición nominal do xurado recollerase nun acta elaborada polo secretario que terá carácter público, dándose a coñecer os membros dos mesmos no taboleiro de anuncios do Centro e nas distintas notificacións e resolucións que o xurado poida emitir.
- O xurado reunirase, a chamamento do seu presidente, para valorar os traballos presentados e elixir os gañadores do certame. Todos eles recibirán os traballos a valorar, estas bases, así e como calquera outro documento que resulte pertinente.
- Dados os condicionamentos legais, e sendo necesaria a autorización dos pais dos concursantes para poder publicar os traballos dos alumnos/as menores de idade, a lista de traballos destacados presentarase xerarquizada (por orde de preferencia) indicando se os traballos elixidos poderían optar ao primeiro ou segundo premio ou este debería considerarse deserto. Así, no caso de que algún dos traballos premiados tivese que ser retirado, a organización poderá cambialo por outro, na orde determinada polo xurado, e respectando o nivel de calidade esixido polo mesmo para optar aos premios.
Premios.
- Os premios do certame serán os seguintes:
- PRIMEIRO PREMIO: Tableta Dixital de primeira marca e pantalla de 10”. Participación, representando o seu Centro Educativo na fase provincial do concurso (pendente de formalizar) Publicación do traballo en libro electrónico que se pode descargar na plataforma AMAZON.
- SEGUNDO PREMIO: Lector de libros electrónicos. Participación, representando o seu Centro Educativo na fase provincial do concurso (pendente de formalizar) Publicación do traballo en libro electrónico que se pode descargar na plataforma AMAZON.
- A participación no concurso, supón a cesión de balde dos dereitos de publicación e difusión dos traballos presentados, en favor da organización, limitando esta cesión ás publicacións físicas e ou electrónicas recollidas nas bases do concurso, tanto na súa fase local, coma na provincial.
- Os participantes menores de 16 anos precisarán o permiso dos seus pais para a cesión de ditos dereitos. Este permiso será solicitado pola organización unha vez coñecida a decisión do xurado e antes da súa publicación. De non ser asinado, suporá a retirada do traballo do concurso.
- A participación no concurso supón a total aceptación das bases, aceptando os concursantes a interpretación das mesmas por parte da organización.