Presentación do concurso de relatos curtos PREMIO TORIBIO
Este concurso preséntase como unha actividade global e “multicentros”, con carácter provincial na que concorren as distintas asociacións que a promoven ou participan nela:
A actividade proxéctase dende a Asociación de Pais e Nais de IES O Couto e promóvese pola Federación de ANPAS da Provincia de Ourense (en adiante a FAPA) que será a todos efectos a titular da mesma de cara ás distintas Administracións Públicas ou entidades privadas que podan colaborar con esta actividade.
Na súa fase local lévase a cabo por parte das distintas ANPAS en colaboración cos Departamentos de Galego dos centros de secundaria.
A fase final do concurso así e como a xestión técnica de ambas fases correrá a cargo de un Equipo Técnico elixido entre o ANPA IES O Couto e a FAPA (en adiante a Organización).
OBXECTIVOS
Promover a expresión escrita en lingua galega e a creación literaria entre os rapaces de secundaria.
Facer chegar aos alumnos a relevancia da cultura en galego, no Día das Letras Galegas, así e como homenaxear o escritor destacado do ano en curso
Realizar una actividade conxunta e “multicentros”, con carácter provincial que reúna a Alumnos, Pais e nais, e Departamentos de Galego de toda a provincia, en torno ó enxalzamento activo da nosa identidade cultural.
ACTIVIDADE
BASES XERAIS
O concurso literario desenvolverase baixo as seguintes BASES. Ver bases específicas do concurso
Poderán participar nel TODOS OS ALUMNOS de secundaria dos centros colaboradores presentando textos manuscritos ou mecanografados en formato dixital (Word ou similar)
Os escritos presentaranse impresos en papel DINA4, preferentemente firmados baixo pseudónimo e cun sobre pechado que inclúa o nome e curso do alumno que participa. En caso de que o departamento de Galego de cada centro o solicite o traballo pode tamén ser presentado baixo o nome real do alumno.
Os textos deberán ter unha lonxitude máxima de 6000 palabras, en prosa, estar totalmente escritos en lingua galega (salvo necesidade argumental do uso puntual doutras linguas), e manter a estrutura xeral dun texto narrativo.
Os traballos deberan ser orixinais, inéditos e non ter sido premiados con anterioridade noutro concurso literario.
O concurso consta de dúas fases diferenciadas:
Fase LOCAL
Cada centro de secundaria dirixe esta fase no seu propio centro coa formación dun grupo de coordinación formado pola ANPA do mesmo e, se así o deciden, o Departamento de Galego.
Este grupo é o encargado de promover a libre participación dos alumnos do centro no concurso, recolle os traballos e elixe os gañadores locais.
O Equipo Técnico provincial traballará en contacto con eles e proporcionaralle os medios necesarios para a difusión e publicidade da actividade (carteis, dípticos, axuda técnica…)
Con este fin nomease un Xurado que lerá os escritos presentados e escollerá os premiados.
O xurado destacará dous traballos pola súa calidade, designando un como PRIMEIRO PREMIO, e outro como SEGUNDO PREMIO.
Tanto a conformación como o funcionamento deste xurado son competencia do equipo de traballo do centro, e contará en todo momento co apoio do Equipo Técnico.
Ambos traballos presentaranse, MECANOGRAFADOS e corrixidos, en representación do centro baixo os pseudónimo “PRIMEIRO PREMIO (máis nome no centro)” e “SEGUNDO PREMIO (máis nome no centro)”. O centro acompañará cada traballo dun sobre pechado, co pseudónimo e o título da obra no remite e o nome, curso e centro do alumno no interior.
Un ou ambos premios poderán ser considerados DESERTOS se os traballos presentados non acadan, a interpretación do xurado, a calidade necesaria para ser premiados.
As decisións deste xurado son inapelables.
O orzamento dos premios desta fase correrán a cargo das ANPAS de cada centro, que serán tamén as encargadas de entregalos os alumnos premiados, sexa nun acto público, co alumnado ou do carácter que cada centro decida.
A compra dos mesmos farase de forma conxunta pola FAPA para negociar un menor custo unitario. No caso de acadar axuda pública ou privada para esta actividade, a FAPA devolverá a máxima proporción posible dos premios a cada centro.
O orzamento destes premios desembolsarase con carácter previo á inclusión do centro como participante. No caso de haber premios desertos, o presuposto dos mesmos será reembolsado.
Permítese a difusión publicitaria (prensa ou medios de comunicación) desta fase local da actividade como propia da ANPA, sempre e cando se estipule claramente que é parte dunha actividade de carácter provincial, promovida por FAPA, e no seu caso, sustentada polas entidades ou empresas patrocinadoras.
FASE PROVINCIAL
Unha vez terminada a fase LOCAL do concurso os traballos elixidos por cada centro participaran nunha fase final con carácter provincial.
Esta fase será coordinada polo Equipo Técnico da actividade, baixo supervisión da FAPA.
Este Equipo Técnico nomeará un XURADO que lerá os escritos presentados e escollerá os premiados
O xurado destacará tres traballos pola súa calidade, designándoos como GAÑADOR PROVINCIAL, PRIMEIRO FINALISTA e SEGUNDO FINALISTA do concurso.
Poderán ser nomeados ata sete ACCÉSIT adicionais para aqueles traballos que, sen resultar premiados, este xurado queira destacar.
Estes premios deberan asignarse NON podendo quedar desertos.O custo dos premios correrá a cargo da FAPA.
Os premios serán entregados en acto público organizado polo equipo técnico e buscando a máxima repercusión cultural, social e publicitaria.
A FAPA traballará para, na medida da súa capacidade económica e técnica, publicar os textos premiados e os destacados cun accésit nun libro, en formato físico ou electrónico, que será distribuído ós centros e a tódolos alumnos participantes.
As decisións do XURADO serán inapelables, así e como as decisións técnico organizativas do Equipo Técnico da actividade nas súas atribucións.
Estas bases poderán ser modificadas polo Equipo Técnico antes do inicio da actividade para recoller calquera mellora ou corrixir algún erro ou omisión.
PREMIOS
Os premios a repartir nas distintas fases son os seguintes
FASE LOCAL
Os premios da fase local dependerán das propias ANPAS
FASE PROVINCIAL
GAÑADOR PROVINCIAL:
Trofeo ou placa. Ordenador portátil con procesador I7. Publicación do seu relato segundo as bases do concurso. Diploma acreditativo como GAÑADOR PROVINCIAL no concurso literario.
PRIMEIRO FINALISTA:
Trofeo ou placa. Ordenador portátil con procesador I5. Publicación do seu relato segundo as bases do concurso. Diploma acreditativo como PRIMEIRO FINALISTA no concurso literario.
SEGUNDO FINALISTA:
Trofeo ou placa. Ordenador portátil con procesador I7. Publicación do seu relato segundo as bases do concurso. Diploma acreditativo como SEGUNDO FINALISTA no concurso literario.
ACCESITS:
Publicación do seu relato segundo as bases do concurso. Diploma acreditativo como FINALISTA no concurso literario.
RESTO DOS PARTICIPANTES:
Diploma acreditativo como FINALISTA no concurso literario.
A estes premios poderán engadirse outros proporcionados por entidades ou empresas colaboradoras.
CONCLUSIÓNS
A promoción da nosa cultura e nosa lingua non só e unha obriga legal para Administracións, Centros de Ensino ou Axentes Culturais, é un dereito inherente a cada un de nós como membros dunha nación e unha entidade cultural diferenciada.
A creación artística e literaria, dende a idiosincrasia galega e baixo o paraugas da nosa fala, é un dos mellores xeitos de perpetuar esta identidade e mantela incrustada no noso ADN. De protexela ante unha sociedade cada vez máis global e culturalmente homoxeneizada.
Neste sentido, promover a creación literaria entre os nosos rapaces e rapazas é unha vacina que reforza a nosa saúde cultural, o noso futuro e a nosa esencia como galegos, en definitiva, o que somos e o que nos sentimos os nacidos nesta terra, sen importar onde vivamos ou o que fagamos ó longo das nosas vidas.
A posibilidade de que este concurso poida espertar a ansia creadora dalgún dos seus participantes, que valla como semente na imaxinación dun novo escritor ou escritora na nosa lingua, xustifica con moito o traballo realizado, e nos serve, en todo momento, de inspiración.
Esperamos que esta actividade, na presente e futuras edicións, acade este ambicioso obxectivo, e, no camiño, consiga consolidarse como unha data fixa e sinalada no calendario cultural e académico dos nosos mozos e mozas.