Nova plataforma de reinvidicacións para o sector educativo
Amigos e amigas:
O pasado 28 de decembro, púxose en marcha a Plataforma de
Reivindicacións de CEAPA, unh a nova forma de presentar tanto as
reivindicacións do movemento de pais e nais do alumnado como as de toda
a cidadanía, de maneira que poidan estar agrupadas.
Esta Plataforma de Reivindicacións facilitará que tanto os nosos
representantes políticos como a cidadanía en xeral poidan coñecelas e
acceder máis fácilmente a elas e así poñer en marcha
reivindicacións de forma máis efectiva e coordinada.
Dita plataforma pódese atopar no dominio www.reivindicaciones.org,
propiedade de CEAPA, na que se traballará en aberto para que se
converta nunha nova ferramenta para a cidadanía do noso país.
Neste momento hai dúas reivindicacións de CEAPA para asinar e
difundir:
– Amnistía económica-educativa para as familias ás que se lles esixe
a devolución do importe das becas por non superar os seus fillos e
fillas o % de materias esixido.
– Investigación do financiamento da LOMCE con diñeiro do Fondo Social
Europeo.
É a nosa Plataforma e debemos darlle a máxima difusión a través das
ANPAs federadas para maior aproveitamento.
Un saúdo
Lóis Uxío Taboada Arribe
Vocal de Galicia
CEAPA
galicia-jd@ceapa.es
www.ceapa.es