Para pasar un día cheo de actividades, xogos, aprendizaxe e experiencias únicas.
Coma cada ano, dende Casa do Patrón queremos informalos dos obradoiros e actividades que temos preparados para os alumnos neste curso 2016-2017.
Trátase dun ampla oferta onde lle ofrecemos a posibilidade de pasar un día cheo de actividades, xogos, aprendizaxe e experiencias únicas.
Visita o maior Museo de Etnografía de toda a Comunidade, con máis de 4.500 pezas en exposición, para descubrir como vivía, traballaba ou mesmo se divertían os nosos avós e bisavós. Visita ó Castro de Doade, para ver in situ as estruturas de dúas casas castrexas atopadas nas recentes escavacións, así como a Sala de Arqueoloxía onde se expoñen diferentes restos de cerámica, muíños, etc, descubertos no Castro.
Obradoiros de elaboración artesanal de pan, de queixo, traballos con barro, cestería, tecido, …, son algún dos talleres que lles propoñemos.
Ademais neste primeiro trimestre de curso, contamos con dúas actividades específicas como son:
– Taller do millo, para esfollar e debullar as espigas á man como se facía antes, peneirar a fariña e amasar un boliño de pan de millo que logo coceremos no forno tradicional de leña, para que o poidan degustar.
– Taller da castaña, recollendo castañas no souto, preparándoas e facendo un magosto todos xuntos.
Tamén contamos cun servizo de Restaurante dentro do propio Museo, onde lle ofrecemos un menú adaptado ós alumnos a un prezo moi reducido para que poidan comer comodamente sen necesidade de vir cargados coa mochila de comida.
Se deciden traer a comida, dispoñemos de espazos exteriores ou interiores onde poder comer.
En documento adxunto remito este novo folleto de actividades e talleres, así como o dos menús para a hora do xantar, que seguro son do seu interese.
O prezo dos talleres varía en función dos escollidos, polo que lle faremos un presuposto axustado as preferencias que nos indiquen.
Agradecemos a súa atención, quedando á súa enteira disposición para calquera consulta ou tipo de información que precisen.
Esperando velos pronto por Casa do Patrón, reciban un cordial saúdo.
Atentamente
Luis Mato
Páxina web de Casa do Patrón
Teléfono: 657 30 22 95