PROBA DE 3º DE PRIMARIA
Estimadas ANPAS:
Nestes días tendes recibido información da campaña que levamos a cabo pedindo a paralización da proba de 3º de primaria por estas e outras razóns:
• PODE QUE SE TEÑA EN CONTA PARA A REPETICIÓN DO ALUMNADO
• AVALÍA ÚNICAMENTE AS COMPETENCIAS DE LINGUA E MATEMÄTICAS.
• CLASIFICA AO ALUMNADO DESDE IDADES TEMPERÁS, AO REFLECTIRSE O SEU RESULTADO NO EXPEDIENTE.
• NON SE ADAPTA AO ALUMNADO CON MAIS DIFICULTADES AO PROPOR SOAMENTE ADAPTACIÓNS DE TEMPO E TÉCNICAS.
• FOMENTA A COMPETENCIA ENTRE OS CENTROS E A SÚA ESTIGMATIZACIÓN.
• NON TERÁ EN CONTA AS VARIABLES CONTEXTUAIS DOS CENTROS, AO CENTRARSE NUN ÚNICO ASPECTO DO SISTEMA DE APRENDIZAXE.
• DESCONFÍA DA PROFESIONALIDADE DO PROFESORADO SOMETENDO A VERIFICACIÓN A VALORACIÓN DA PROBA EXTERNA.
• DESAUTORIZA AO PROFESORADO ROMPENDO A AVALIACIÓN CONTÍNUA QUE XA FAI DO SEU ALUMNADO.
• SOMETE AOS NENOS E NENAS A UN ESTRÉS INNECESARIO.
• INCREMENTA A CARGA DE TRABALLO NOS CENTROS NO FINAL DO CURSO; POLAS TAREFAS PROPIAS DE EXECUCIÓN E VALORACIÓN DESTA PROBA INDIVIDUAL.
• NON SERVIRÍA PARA MELLORAR A CALIDADE, CANDO SEGUIMOS RECORTANDO EN PROFESORADO E EN PLANS DE MELLORA EDUCATIVA.
A nosa posición é clara, paralización e retirada da proba de avaliación. Contamos có total apoio dos sindicatos de profesorado, pertencentes a plataforma en defensa do ensino público, é un apoio moi importante nesta loita. O cal agradecemos moito.
A decisión é libre, deixando á vontade das familias o levar a seus fillos/as á escola o día 27 (xuntamos no arquivo xustificación de ausencia). Outra opción (no caso de mostrarse en contra) sería a petición de que non se lle faga ao neno/a a proba. Esto non sería vinculante xa que existe unha Resolución da Consellería na que se lle indica ao Centro as instrucións para o seu desenvolvemento (reponsables de facela, comisión de avaliación, etc)
No caso de que a decisión particular fose a de non presentarse ás clases, e no ánimo de facilitar esa posibilidade ás familias que teñen problemas de conciliación pedímosvos un esforzo mais: que na medida do posible vos coordinedes coas ANPAS da contorna, localidade, municipio… e busquedes alternativas como pode ser solicitar instalacións municipais para custodiar ao alumnado nese día, que poderían estar a cargo de pais e nais ou outra clase de voluntarios.
A través das ANPAs deberíades organizarvos para recoller aos nenos/as a partir da hora de entrada. Unha vez recollidos é organizados, buscarlles unha actividade para que estén atendidos ata a hora de saída, e entregarllos aos pais/nais, titores ou monitores de comedor para os que sexan usuarios do mesmo.
Si estades en Ourense ou preto, ai unha actividade moi interesante que podedes aproveitar. Tendes mais información eiquí.
Para unha boa coordinación pregamos que vos poñades en contacto coas vosas ANPAs.
Esperamos e agradecemos, coma sempre, a vosa inestimable colaboración.
Un saúdo
FAPA OURENSE
Ourense, 21 de maio de 2015.
XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/XUSTIFICACIÓN-DE-AUSENCIA-DE-ALUMNADO-AO-CENTRO-EDUCATIVO.doc» height=»900px» width=»800px» save=»1″]
AUTORIZACION SAIDA-3º E.P.
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/AUTORIZACION-SAIDA-3º-E.P..docx» height=»900px» width=»800px» save=»1″]