Plan Infancia e Adolescencia Concello de Ourense
Dende Asuntos Sociais do Concello, presentan o I Plan de infancia e adolescencia do Concello de Ourense. Un tema que afecta directamente aos nosos nenos e nenas polo que vos pedimos colaboración para darlle a maior difusión posible.
Plan Infancia e Adolescencia Concello de Ourense
O motivo da presente é pór no seu coñecemento que o Concello de Ourense, a través da Concellería de Asuntos Sociais está a traballar na elaboración e aprobación do I Plan de Infancia e Adolescencia do municipio.
E propósito deste Concello fixar a súa mirada na infancia e na adolescencia co obxecto de recoñecelos como cidadáns de plenos dereitos, no tan só nun futuro, senón tamén no seu presente.
Por isto, o Concello está levando a cabo un proceso de participación para escoitar as opinións da veciñanza, das entidades e organismos que teñan e queiran aportar ideas e suxestións e por suposto, dos nenos e nenas e, en base ó resultado desta participación, establecer medidas concretas a desenvolver. O resultado final deste traballo pretende ser o instrumento de planificación das diferentes políticas de infancia e adolescencia do noso municipio.
Por isto, convidámosvos a participar neste emocionante traballo que supón sentar as bases para o establecemento de políticas dirixidas ós nosos nenos, nenas e adolescentes.
Informar que están dispoñibles na páxina web municipal (www.ourense.gal) dous tipos de cuestionarios de participación cidadá: o primeiro está dirixido á poboación adulta (fundamentalmente pais e nais) e o segundo está orientado para nenos, nenas e adolescentes (ata 18 anos). Por esta razón, solicitamos a súa colaboración para que promova a máxima participación na cumprimentación dos mesmos entre os pais e nais, nenos e nenas, mozos e mozas.
Pode acceder directamente pinchando:
Cuestionarios
Tamén aproveito para solicitarlle unha implicación maior neste proxecto, que supón a elaboración do Plan de Infancia e Adolescencia; por isto, se ten detectado algunha necesidade concreta neste ámbito, ou quere aportar algunha idea, proposta ou suxestión no que respecta á infancia e á adolescencia, nas áreas nas que se estrutura o plan: educación, sanidade, familia, cooperación e participación, cultura, ocio e tempo libre, medio ambiente e igualdade; prégase que envíe un correo electrónico coa proposta á dirección de correo electrónico ourenseamigadainfa
Do mesmo xeito prégase a difusión desta información a través das diferentes canles co obxecto de que este proceso sea o máis participativo posible.
Agradecendo de antemán a vosa participación.
Ourense, 29 de febreiro de 2016
A Concelleira de Asuntos sociais
María Sofía Godoy Gómez Franqueira