DE CEAPA E CONFAPA-GALICIA
Dende a área de Comunicación e Publicacións de CONFAPA GALICIA fannos chegar este comunicado sobre unha plataforma propia de reinvidicacións.
CEAPA puxo en marcha unha plataforma propia de reivindicacións, unha nova forma de presentar asreivindicacións do ámbito educativo, tanto do movemento de nais e pais do alumnado, como as de toda a cidadanía, de maneira que poidan ser agrupadas.
Esta Plataforma de Reivindicacións facilita que, tanto os nosos representantes políticos, como a cidadanía en xeral, poidan coñecelas e acceder máis fácilmente a elas e así poñer en marcha reivindicacións de forma máis efectiva e coordinada.
Dita plataforma pódese atopar no dominio www.reivindicacións.org propiedade de CEAPA, na que traballa en aberto para que se converta nunha nova ferramenta para a cidadanía do noso país.
Na plataforma CEAPA subiu dúas primeiras reivindicacións para asinar e difundir:• Amnistía económica-educativa para as familias ás que se lles esixe a devolución do importe das becas por non superar os seus fillos e fillas o % de materias esixido.
• Investigación do financiamento da LOMCE co diñeiro do Fondo Social Europeo.
A partir deste momento, CONFAPA-GALICIA utilizará sempre esta plataforma para canalizar todas as reivindicacións que se propoñan para o seu apoio mediante a firma a distancia e solicitamos ás Federacións e ANPAS que fagan os mesmo coas que poñan en marcha desde agora, reivindicacións que, na medida que sexan subidas á plataforma poderemos difundir para que o apoio sexa masivo entre as Federacións e ANPAS federadas.
Por favor, enviádenos unha mensaxe coa petición que subades, para coñecela rápidamente e proceder á difusión de forma inmediata, a: confapagalicia@confapagalicia.org
Sendo parte de CEAPA, esta é a nosa plataforma e debemos darlle a máxima difusión para maior aproveitamento. Ademais, ao ser unha plataforma apoiada por CEAPA e CONFAPA, ningunha persoa que asine unha petición terá que estar intranquila polo uso que se poida facer dos seus datos, dado que só serán usados para a reivindicación que se apoia. Con outras plataformas esta seguridade non existe e é imposible estar seguros do uso que se fará dos datos que se aportan. Esta nova plataforma será eficaz, segura e do noso movemento asociativos de nais e pais do alumnado galego. Usémola!