En defensa do ensino público
A Plataforma Galega en defensa do ensino público rexeita a proba de avaliación individualizada en 3º de primaria que se realizará o 27 e 28 de maio e que é o preámbulo das reválidas.
A Plataforma está a desenvolver unha campaña para animar as familias a que desdeñen estas probas non enviando ese día os seus fillos ou fillas ao centro ou entregando á dirección un escrito amosando o seu rexeitamento á proba. A Plataforma tamén convoca unha concentración para o 27 de maio ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación.
Xunto a este escrito enviamos un modelo que as familias poden entregar á dirección do centro.
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/escrito-anpa-rexeitamento-reválidas.doc» height=»900px» width=»800px» save=»1″]
Photo by educ@conTIC