Prezadas ANPA da provincia de Ourense, son moitas as dúbidas que o comezo do curso escolar nos plantexa, tanto a nivel de asociacións como de familias. Todos temos claro que queremos unha volta ao cole segura, tanto para os nosos cativos e cativas como para as nosas familias, e dende logo as administracións non están dando solucións coherentes e reais.
Dende esta Federación seguimos a protestar de diversas formas (como a campaña de recollida de sintauras da que se vos informou en correos anteriores): Asina a petición
Agora achegámosvos o escrito coas cuestións máis apremiantes que se nos presentan en relación ao protocolo de actuación frente ao COVID 19 para os centros non universitarios da Xunta de Galicia.
Un feixe de preguntas sobre o Protocolo COVID-19 para os Centros de Ensino
Este documento presentaráse ante a Consellería de Educación para deixar en claro unha vez máis o noso desacordo cun protocolo, por non xenerar ningunha confianza senón que aumenta a sensación de inseguridade e abandono por parte da administración.
Solicitamos da vosa parte que aportedes ideas para futuras «movilizacións» en sinal de protesta ante o que nos parece un despropósito máis que un protocolo. Pola nosa parte seguiremos estudando máis formas de presión á administración, sempre respectando o marco legal. Agardamos as vosas aportacións. Recibide un cordial saúdo.
Xunta Directiva FAPA Ourense As Burgas