Como decíamos noutro post anterior, Fapa Ourense As Burgas, bota a andar a súa Escola de Nais e Pais pola Igualdade de Xénero.
Achegámosvos o Programa de Actividades previsto. Estamos abertos a suxestións e ideas que teñandes e gustaríanos moito que participedes de todas as actividades que temos programadas.
Calquera ANPA interesadas en participar pode poñerse en contacto a través do mail:
Nos últimos tempos, cuestiónase máis ca nunca a desigualdade entre home e muller, a discriminación ou abuso ante unha situación de debilidade-superioridade que moitas veces é dificil de ver, que ten o seu drama en realidades coma os asasinatos de mulleres a maos das súas parellas, os delitos sexuais maioritarios contra a muller, a discriminación salarial da maioría das mulleres respecto dos postos de traballo da maioría dos homes, o teito de cristal, a atención da familia e do fogar….
A Igualdade de Xénero e a eliminación da Violencia de Xénero, non é só un problema de relación de parella ou da relación entre xéneros (falamos normalmente da superioridade física e supostamente intelectual e de temperamento do home sobre a muller, do instinto masculino sobre o feminino), é un problema que afecta á metade da nosa sociedade, trasnversal, afecta a todos os grupos e clases sociais.
É unha situación á que toda a sociedade debe contribuir aportado vontade de entendemento e defensa dos dereitos, como a discriminación positiva (darlle máis oportunidades á parte máis débil).
A defensa da Igualdade de Xénero débe facerse dende a infancia, durante o proceso de aprendizaxe e socialización, por eso o papel da ANPA é importante dabondo, porque estamos preparando as futuras xeracións que convivirán na sociedade.
Deixámovos ca nosa Coach familiar, Nancy Becerra
https://www.facebook.com/fapaourense/posts/1683289768489564
Agardamos a vosa participación