FAPA Ourense As Burgas, está a desenvolver durante o curso 2018-2019 o programa Escola libre de Violencias Machistas. Educando en valores, Educando en Igualdade, do que achegamos un diptico informativo PROXECTO IGUALDADE de XÉNERO que poden consultar neste enlace.
Educando en Valores Educando en Igualdade
Obxectivos
- Formar e informar ás familias para a Promoción da Igualdade e a Prevención da Violencia de Xénero
- Concienciar ás familias sobre os estereotipos negativos sobre a muller e as nenas, persistentes na sociedade e no eido educativo, para previr e detectar a violencia de xénero
- Realizar accións de sensibilización, contra a cousificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.
- Formar a pais e nais e mozas e mozos sobre o uso adecuado da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.).
- Difundir entre as familias e o alumnado conductas igualitarias e respectuosas, para os novos roles da muller e o home
- Concienciar sobre os micromachismos e os comportamentos adquiridos
Actividades que estamos a desenvolver:
- Exposición Escola libre de violencias machistas
- Radio online
- Vídeos promoción da igualdade de xénero
- Obradoiros formativos
- Enquisa sobre valores de igualdade de xénero
As ANPAS asociadas a FAPA Ourense As Burgas poden participar destas actividades, priorizando aquelas que non conten cun proxecto propio para a promoción da Igualdade e a Prevención da Violencia de Xénero.
Son moitas as persoas que a título individual e colectivo están a colaborar con nós, ás que lles amosamos o noso agradecemento e simpatía pola súa colaboración con esta causa solidaria, e que consideramos representa un dos maiores retos para a sociedade actual e a democrácia participativa.
Queremos agradecer especialmente a colaboración das seguintes entidades, que dende o primeiro momento e desinteresadamente expresaron o seu apoio a estre proxecto:
Concello de Ourense. Áreas de Xuventude e Educación
DIME. Asociación para a defensa dos menores
MALEMBÉ Asociación solidaria
Fundación Neuroburgas
Psicólogos López Faria
Secretaría Xeral de Igualdade. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Xunta de Galicia
(Quen financia este proxecto a través da convocatoria 2019 de: axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos) de Galicia