O proxecto ESCOLA LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTA. EDUCANDO EN VALORES. EDUCANDO EN IGUALDADE, pon á vosa disposción os podcast grabados cas distintas personaxes que participan na exposición, que moitas e moitos de vós, xa veríades no voso centro escolar.
Pretende ser unha ferramenta pedagóxica para ANPAS, familias, profesorado e para o resto de persoas ou organismos que puideran estar interesados.
Teñen aproximadamente 20 ou 30 minutos de duración, e falamos cas persoas entrevistadas sobre a súa visión da relación entre homes e mulleres, da igualdade legal e real, das relacións afectivas e cívicas, etc. Cadanseu dende a súa experiencia persoal, dende o seu campo de traballo ou actuación
Agardamos que sexan do voso interese e saquedes probeito, para o fomento da Igualdade e a prevención da violencia de xénero