Regulamento interno de funcionamento do comedor.
- Condicións mínimas que se lle piden as empresas de catering para optar ao servizo de comedor.
- ANEXO I.- Resera de praza servizos de comedor, acollida temperá e almorzo.
- ANEXO II.- Baixa do Servizo
- ANEXO III.- Saída Alumnado Só
- ANEXO IV.- Autorización Recollida
- ANEXO V.- Saída Puntual
- ANEXO VI.- Administración de Medicamentos
- ANEXO VII.- Parte de Incidencias
O servizo do Comedor escolar xunto co de Almorzo e Acollida Temperá, ademais de contribuír á organización da vida familiar, é un servizo complementario ao educativo e con contido educativo que ofrecen os CEIP e que actualmente xestiona FAPA Ourense.
O Comedor escolar debe proporcionar a consolidación duns hábitos de saúde e hixiene que o alumnado non usuario deste servizo desenvolve no seu contorno familiar. Tamén debe permitir traballar outros valores como son a solidariedade, a cooperación e a tolerancia.
Aínda que no presente regulamento se contempla fundamentalmente o servizo do Comedor, tamén é de aplicación ao servizo de Almorzo e Acollida Temperá, ademais de nos casos en que se cita explicitamente, todo o que lle sexa de aplicación da normativa xeral (funcionamento do servizo, de convivencia, obrigas de pais, nais, e titores legais do alumnado, obrigas do alumnado e do persoal do comedor, proceso de solicitude de prazas, faltas e sancións etc.).
O Comedor escolar deberá cumprir as esixencias establecidas na lexislación vixente en materia de seguridade alimentaria e en concreto as seguintes disposicións de directa aplicación así como as disposicións legais que as complementen ou substitúan.
– Regulamento 852/2004, do 29 de abril de 2004, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.
– Regulamento 853/2004, do 29 de abril de 2004, do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal.
– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.
– Real decreto 109/2010, do 5 de febreiro, polo que se modifican diversos reais decretos en materia sanitaria para a súa adaptación á Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio e á Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.
Por todo o anterior, fíxanse unha serie de obxectivos e normas que marquen as actuacións de todos os que interveñen no servizo do Comedor, Almorzo e Acollida Temperá. Tamén será aplicable no servizo do Comedor, Almorzo e Acollida Temperá o Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar (DOG, 27 de xaneiro de 2015) así como o resto de normativa aplicable concordante e supletoria de maior ou menor rango.