ACOUGO centro de ocio da natureza
Si queres deixar os teus nen@s pasando un bo día perante as vacacions de Semana Santa en Vilamarín, a só 10 km de Ourense.
Para pasar uns días gozando da natureza e das suas instalacións,
40.000 metros cadrados de terreo totalmente valado, con distintas zonas para xogos así como unha zona para animais onde interactuar con galos, galiñas, patos, cabras ou cans, tamén con gran variedade de anfibios. Cun lago artificial onde dar uns agradables paseos en barca e visualizar uns fermosos anfibios que viven no lago.
O centro conta cun equipo altamente cualificado de Educadores Ambientais e Monitores de Lecer e Tempo Libre que desenvolven o seu labor cunha clara vocación pedagóxica.
Actividades: Tirolina, paseo en barca, interactuar con animais, béisbol, xogos tradicionais, slackline, xogos libres e xogos varios, etc…
SEMANA SANTA 2017
PREZOS PARA ANPAS FEDERADAS A FAPAOURENSEHorario | Precio | |
---|---|---|
DÍAS LABORAIS PAQUETE 4 DÍAS: 10, 11, 12 e 17 | 8:00-15:00* | 50,00€ |
DÍAS SOLTOS | 8:00-15:00* | 13,50€ |
*Autobús: 5€/día/neno. Mínimo 12 nenos. Recollida no parque San Lázaro de 8:00 a 8:15 e regreso entre as 14:45 a 15:00. Un monitor acompañará aos nenos en todo momento. |
||
Almorzo de mediamaña. Auga, peza de froita ou bocadillo. |
Podedes ver aquí algunhas fotos do entorno proposto para estas actividades de Semana Santa onde convivir e experimentar en contacto co mundo rural e ter un achegamento á natureza. Esta formulación motiva e incita ao alumnado para mostrar curiosidade para observar, investigar, e descubrir cousas novas na natureza que lle axudará na súa convivencia diaria.