Comunicado enviado dende CONFAPA GALICIA A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
CONFAPA-Galicia, en representación das nais e pais do ensino público non universitario de Galicia, quere poñer de manifesto a confusa e dispar situación que se está a dar nos centros educativos da nosa Comunidade desde a publicación das Instruccións de 27 de abril de 2020 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, derivada dos criterios que nesa Resolución quedaron abertos á interptretación polas concretas comunidades educativas e que teñen xeradas a día de hoxe, aparte da desinformación xeral, non poucas desigualdades na impartición da terceira evaluación,plagada de casuismos, particularidadese ainda fondas diverxenciascoa rregulamentación establecida.
As disposicións contidas no artigo 6 das devanditas instruccións, que posibilitan “centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia”, e por tal motivo desenvolver “actividades de ampliación dos aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado”, están a ser a base xurídica utilizada por non poucos docentes e departamentos para avanzar materia, dando por impartidos telemáticamente os contidos, mesmo para avaliar ao alumnado. E esta situación está a producirse , ademais, por non existir o mais mínimo control ou supervisión polas autoridades educativas competentes, que teñen deixado nas mans dos centros un abano de posibilidades que cadaquen interpreta, asume e resolve exclusivamente ao seu xeito.
Así as cousas, as familias estamos a vivir unha situación a todas luces insostible, sumidos nun caos sanitario, laboral, económico, de conciliación…, que o caos educativo imperante non fai senon agrandalo ainda mais. As familias non somos docentes, non temos nin a súa formación ou capacitación, nin medios tenolóxicos ao noso alcance, nin sequera o tempo necesario para suplir o traballo dos mestres; nin é, por suposto, a nosa labor.
E se os plans específicos en canto á adaptación das programacións didácticas no terceiro trimestre non estarán á disposición dos centros ata o 12 de maio, como indica o parágrafo 6.13 das Instruccións, e de aí pasará á Inspección educativa, para cando a información ás familias? Vai para dous meses e seguimos sen ter tidos en conta pese a ser, sen querer, os grandes protagonistas dun sistema educativo sumido na indeterminación e nunha discriminación efectiva do alumnado carente da mais mínima xustificación.
Todas estas razóns leváronnos á solicitar á Consellería no día de hoxe:
– A concreción das Instrucccións do 27 de abril, particularmente en canto á imposibilidade de calquera tipo de avance de contidos na terceira avaliuación do presente curso escolar.
– A efectiva supervisión polas autoridades educativas competentes de canto se está a a facer nos centros educativos e a conseguinte obriga para os equipos docentes da reformulación das programacións didácticas que se teñan adaptado, desbotando delas o avance de contidos que poidan conter.
– A obriga dos centros educativos da inmediata clarificación ás familias dos criterios de seguimento da terceira avaliación, con específica indicación do carácter exclusivamente diagnóstico de todas as probas avaliativas que no seu caso lle fagan ao alumnado.
– Diálogo permanente cos representantes das familias organizadas nas súas Confederacións de ANPAS.
Xunta Directiva de CONFAPA-Galicia
[gview file=»https://fapaourense.es/wp-content/uploads/Comunicado-sobre-Instruccións-27-de-abril.pdf»]