Ourense será onde se celebre a primeira Xunta Directiva de CEAPA no ano 2022.
A confederación de anpas de Galicia CONFAPA organiza esta reunión en estreita colaboración con nós como anfitrións territoriais da provincia de Ourense.
Entre os días 14, 15 e 16 de xaneiro, aproximadamente 50 persoas de todo o territorio español, chegarán a Ourense para celebrar a reunión da directiva da unión de federación de anpa máis grande de España.
CEAPA representa a máis de 12 mil anpa de todo o territorio, abranguendo a nivel educativo: infantil, primaria, secundaria, conservatorios de música e escolas municipais. Xuntos sumamos máis de 6 millóns de familias.
Con representantes de federacións que acudirán dende todo o territorio peninsular, mesmo dende Canarias e Baleares.
Dentro das xornadas, haberá dous cursos de balde para directivas de anpa federadas.
O primeiro Curso será sobre a implantación da LOPD Lei Orgánica de protección de datos. Aberto á participación de anpa e familias interesadas. Impartido por Antonio Martín, expresidente da Federación de anpa das Illas Canarias.
Un segundo curso Xestión administrativa nas anpa, impartido por Miguel Dueñas, expresidente da Federación de anpa de Jaén e extesoureiro de CEAPA.
Estas dúas actividades terán límite de aforo.
Fapa As Burgas Ourense segue a ser o referente estatal na calidade de servizo de comedor e acollida escolar, como se volveu a lembrar no pasado mes de novembro.
Como na anterior reunión da Xunta Directiva de CEAPA en Santander e no IV Congreso de Educación celebrado en Linares (Jaén), na que participamos impartindo unha conferencia sobre: “Boas prácticas en comedores escolares”.
Tamén fumos referente, nas xornadas internacionais celebradas de forma online dende a Federación de Extremadura, co proxecto Eco-comedores: Experiencias Innovadoras en Comedores Escolares; na que participaron ANPA de Navarra, Galicia , Extremadura e de varios territorios de Francia.
Porén, as persoas asistentes á reunión aproveitarán a ocasión para coñecer directamente como se controla a calidade no servizo, visitando as instalacións e cunha entrevista co responsable de control de calidade alimentaria Agustín Ruíz Galnares.
Alén da celebración da reunión da Xunta directiva, dos cursos de formación e de coñecer o funcionamento do servizo de comedores e almorzos , haberá tempo para darlles a coñecer a nosa provincia cunha visita á Ribeira Sacra.
Agardamos a participación das anpa federadas nos cursos programados, máis de 110 nestes momentos, e que as xornadas se desenvolvan sen contratempos dentro da normalidade imposta pola pandemia da COVID-19.
Así mesmo queremos agradecer a todas as empresas e entidades colaboradoras a súa participación, facendo posible a promoción da cidade e da provincia de Ourense e dando a coñecer o potencial e atractivo turístico, residencial e educativo da sociedade ourensán.