XUSTIFICANTE DE AUSENCIA DO ALUMNADO AS REVÁLIDAS-LOMCE DE MAIO.
Prezados compañeiros e compañeiras:
Xunto remito o impreso que temos pefectamente definido para xustificar a ausencia dos nosos fillos e fillas as chamadas probas de 3º e 6º de Educación Primaria, convocadas para este mes de maio pola administración educativa.
Por outra banda, indicarvos que, o vindeiro venres, remitiremosvos unha Declaración-comunicado para darlle a mesma difusión que este xustificante.
Agardamos ao venres porque é a nosa intención que esa Declaración sexa asinada polo conxunto das organizacións máis representativas da comunidade educativa galega, (familias, profesoreado, alumnado), na que, de xeito colectivo, explicaremos as razóns do rexeitamento desas probas e os argumentos que soportan esas razóns.
Desde CONFAPA-GALICIA, e as súas Federacións, queremos deixar claro que a decisión de non someter aos nosos fillos e fillas a unhas probas que, de non cumplir o imperativo legal que establece a LOMCE, e tras recibir a resposta do Director Xeral de Educación da Consellería, así como a circular emitida pola Consellería con destino as familias, amósanse inútiles, antipedagóxicas e segregadoras. Pero esa decisión debe de ser tomada no espazo de decisión máis íntimo que é o da familia. Queremos que a decisión de non presentar aos fillos e fillas a esas probas sexa unha decisión consciente, activa e informada, e desde a certeza de que, esa non asistencia, non terá efecto ningún sobre o alumnado. Simplemente será «non presentado». Sen outras consecuencias.
Siguen sin estar publicadas as Ordes de Avaliación de Primaria e de Secundaria, polo que, tal e como informamos nas diferentes reunións coas ANPAs e familias, non podemos asegurar que o risco dunha nota negativa no expedente academíco do alumnado, en calquera das competencias que pretendese avaliar nas reválidas, non teña efectos indesexables para os nosos fillos e fillas, especialmente no paso á ESO.
Ata o venres en que vos faremos chegar esa Declaración conxunta dirixida ao movemento asociativo de nais e país galego, para que cada familia adopte a decisión máis coherente, sempre presidida polo interés e o ben dos nosos fillos e fillas e contra dunha lei tan infame, retrógrada e segregadora como é a LOMCE.
Apertas fraternáis e cordiáis saúdos,
Helena Gómez Vecino
Presidenta.
[gview file=»https://www.fapaourense.es/wp-content/uploads/XUSTIFICACIÓN-DE-AUSENCIA-DE-ALUMNADO-AO-CENTRO-EDUCATIVO-3.doc» height=»800px» width=»900px» save=»1″]