Benvidos a vosa casa
A FAPA Ourense As Burgas é de todo tipo de familias. O importante é porque nos relacionamos unhas familias con outras e co centro educativo: as nosas fillas e fillos.
A FAPA, e esta web, pretenden unir, compartir, buscar sinerxias que nos enriquezan, ademáis de cómo nais e pais, como persoas individuais. Reforzar ás ANPAS e ás familias agrupadas nelas, e así á nosa sociedade da que as familias son o piar fundamental.
A FAPA, e esta web, son ferramentas de auto organización, de reivindicación, de comunicación e convivencia. Tamén plataforma para compartir servizos e vantaxes que nos apoien e axuden na vida familiar.
A FAPA e esta web son de todos, sempre abertas ás aportacións, ás innovacións, ás críticas, ás alternativas.
A FAPA AS BURGAS SOMOS TODOS