Actividade Concilia Estival 2018 C.E.I.P. SEIXALBO
Para máis información: 988 241 351 / 628 367 049
Organización: semanal
N° de semanas: 11
Data de inicio: 25 de xuño
Data de finalización: 7 de setembro
Realización: de luns a venres (excepto festivos)
Horarios: 8:30 a 14:30 (posibilidade de ampliar segundo a demanda)
Idades: de 3 a 13 anos
Lugar: CEIP plurilingüe Seixalbo
Precios:
Semanas soltas: 50€
Quincena: 80€
Mes completo: 120€
Días soltos: 14€
NON SOCIOS ANPA/FAPA: +25€ (matrícula)
Mínimo 20 nenos para garantir o servicio.
*A organización será semanal, se non se achegase ao mínimo establecido para esa semana, cancelaríase a mesma, reintegrándose a cantidade correspondente aos pais.
INFORMACIÓN XERAL
Recepción e recollida
Tanto a recepción como a recollida faránse na porta do centro, debendo sempre vir acompañados por un adulto ata a mesma.
A recollida só poderá ser realizada polos país/nais/titores legais, ou por persoas debidamente autorizadas. Prégase puntualidade.
Espazos
A actividade desenrolaráse nas instalacións do CEIP Seixalbo, con posibilidade de saídas polos arredores (senderismo). Faráse uso do salón de actos, aseos ,patios externos…, en función das actividades a desenrolar.
Personal
A actividade será impartida por persoal contratado por Fapa Ourense. Cada persoa terá ó seu cargo un máximo de 15 nenos.
Programa de actividades
A actividade organizaráse por semanas temáticas :
Ao abordaxe! (semana pirata)
A conquista do Oeste (indios e vaqueiros)
Supereróes
Mundo mariño
A volta ó mundo
Estes serán algúns dos temas semanais. Durante a semana realizaránse diversos talleres e xogos.
Talleres a realizar:
Os talleres terán unha duración aproximada de hora e media, e desenvolveránse (na medida do posible) relacionados coa temática da semana.
Os talleres proxectados son:
Minicheff
Manualidades
Inglés
Durante cada xornada levaránse a cabo diversos xogos de grupo e por parellas, fomentando dun xeito lúdico, o traballo en equipo, a coordinación…, ao mesmo tempo que se buscará recuperar algo da tradición popular. Algúns dos xogos proxectados son:
Xogos populares
A pita cega
A búsqueda do tesouro
Carreiras por parellas
Xogos de auga (pistolas de auga, xogos con caldeiros e esponxa…)
Brilé
A pausa de media mañá:
Tódolos días, de 11 a 11 e media, faráse unha pausa para un pequeno almorzo, que deberán traer os cativos. Seguindo a iniciativa de Fapa Ourense por unha alimentación saudable, pregase aos pais que os nenos traian alimentos que sigan as directrices de este tipo de alinentación, evitando a bollería industrial, os zumes industriais, galletas, refrescos, etc. Serán benvidos os bocatas, froitas, iogures…
Equipación:
Os rapaces deberán traer sempre:
Gorra
Muda completa de recambio
Protector solar
Chanclas
Bañador
Toalla
Roupa cómoda
Coa inscripción adxuntarase unha copia da tarxeta sanitaria e cubrirase ademáis unha notificación das posibles intolerancias e/ou alerxias.
Para máis información: 988 241 351 / 628 367 049