BASES Concurso Comedores 2015-2016
Federación Provincial de A.P.A.s Públicas de Ourense «As Burgas» con C.I.F. G-32.009.037 e domicilio social en Doutor Fleming, 43 soto, 32003, Ourense, desexa contratar un servizo de cátering para cubrir a demanda dos comedores escolares dos CEIPs públicos do Concello de Ourense para o curso escolar 2015/2016 con posibilidade de prórroga mediante acordo das partes interesadas.
O número de servizos a contratar é de 850 mínimo que podería ampliarse ata +/- 950 servizos na modalidade de comedor, e ao redor de 200 en acollida temperá (con e sen almorzo). En caso de variación de datos renegociaríamos as condicións.
Todas as empresas interesadas deben reunir e xustificar os seguintes
REQUISITOS
Número de Rexistro Sanitario específico de Cátering.
Licencia Municipal para a actividade clasificada.
Licencia Fiscal para actividades de Cátering.
Non ter ningún expediente disciplinario ou sanitario negativo executado no último ano (Rexistro Mercantil, Dto. Sanidade e industria, Páx. de contratación).
Compromiso de aportar contrato en vigor e alta na Seguridade Social do Persoal asignado ao servizo de cociña , comedores e acollida temperá na data de comezo da actividade (primeiro día lectivo do curso escolar 2015/2016) aportando os TC2.
Seguro de Responsabilidade Civil.
Solvencia económica (determinada polos 3 últimos anos, nº de clientes e facturación igual ou superior a solicitada, certificada polos clientes do servizo).
Solvencia técnica (maquinaria de cociña, nº de vehículos e planiña de rutas para garantir o transporte na franxa horaria correspondente. Ao mesmo tempo deben aportar ATISAE, ITV en vigor, seguro en vigor e certificar a propiedade ou renting a nome da empresa de ditos vehículos.
Utilización dunha cociña propia, non compartir manufacturas con outros servizos, e confección de menús únicos propostos por FAPA Ourense As Burgas, A cociña empregará un máximo dun 85% da súa capacidade de servizo, deixando o 15% restante por si xorden futuras ampliacións nos comedores.
Contrato de aluguer ou certificado de propiedade da instalación de cociña que abranga un período mínimo correspondente o curso escolar 2015/16.
Non contemplar na carta de menús os pratos precociñados nin rexenerados, mínimo 2 días pescado a semana (non se admite peixe espada nin panga), mínimo 3 días a semana froita de tempada, menús variados e cumprimento cos gramaxes estipulados, todo elo supervisado por persoal cualificado.
Non se admitirán verduras nin legumes enlatados.
A empresa terá que tratar, antes da presentación da súa oferta, as condicións dun/ha responsable de comedores que xestionará todo o tratante de cociña, persoal, menús, albaráns, usuarios, notificacións a país, tutorías, etc. Dito responsable terá contrato laboral con FAPA Ourense As Burgas.
No servizo de Acollida Temperá, 2 monitores mínimo para seguridade dos usuarios.
Tódolos monitores deberán ter en vigor carné de manipulador de alimentos, un curso de primeiros auxilios (especificación atragoamento).
Deposito de 7.000,00 €/ano para cubrir faltas ou penalizacións a consensuar entre as partes a firma do contrato e renovable si se ten que executar por algunha falta.
VALORACIÓN
1. Calidade da vaixela:
-Louza admitida por sanidade: 2 ptos.
-Bandexa multifunción: 0 ptos.
2. Ratio monitores:
Infantil: 1 monitor cada 15 alumnos: 1 pto.
-1 monitor cada 12 alumnos: 2 ptos.
-1 monitor cada 10 alumnos: 3 ptos.
Primaria: 1 monitor cada 25 alumnos: 1 pto.
-1 monitor cada 22 alumnos: 2 ptos.
-1 monitor cada 18 alumnos: 3 ptos.
3. Papel secamans e xabón: 3 ptos.
4. Proxecto educativo diferenciado trimestralmente e material de actividades:
-Con materiais: 3 ptos.
-Sen materiais: 0 ptos.
5. Becas:
-30 becas: 2 ptos.
-20 becas: 1 pto
-Máis de 30 becas, cada 5 becas: 1 pto.
6. Programas e cursos de formación do persoal de comedor e cociña da empresa (preelaboración e conservación de alimentos, presentación atractiva de menús infantís, elaboracións básicas de pratos infantís con pescado, hortalizas e legumes, recepción e lavado de servizos de cátering, prevención de riscos en hostalería, etc.):
80% do persoal: 5 ptos.
60% do persoal: 4 ptos.
40% do persoal: 3 ptos.
20% do persoal: 2 ptos.
10% do persoal: 1 pto.
7. Distancia da cociña ou cociñas centrais: Radio de 30 km. da sede da Federación Provincial de A.P.A.s Públicas de Ourense «As Burgas»: 5 ptos.
-Cada fracción de 15 km. de máis distancia: Réstase 1 pto.
8. O custo do menú será valorado do seguinte xeito:
-Menor ou igual custo ao curso escolar 14/15: 15 ptos.
-Aumento do custo ata o 1%: 7 ptos.
-Aumento do custo ata o 2%: 3 ptos.
-Aumento do custo máis do 2%: 0 ptos.
9. Valoración dos menús: de libre disposición valorados pola comisión (variedade, preparación, presentación, etc.). 15 ptos.
10. Valoración por empresa externa solicitada por FAPA Ourense As Burgas (con cargo a empresa contratada) de toma de mostras e gramaxes sen previo aviso:
-1 vez ó ano: 5 ptos.
-2 veces ó ano: 7 ptos.
-1 vez por trimestre: 12 ptos.
11. Elaboración de menús segundo a estación do ano, con utilización de productos frescos:
-De tempada: 7 ptos.
-De proximidade: 3 ptos. (con relación certificada de provedores de proximidade na provincia de Ourense).
-Non de tempada e non proximidade: –6 ptos.
PRESENTACIÓN
As empresas interesadas deben aportar en sobre branco pechado, rotulado como “A”, de 25 X 35 cm, a oferta e noutro igual, rotulado como “B”, os datos fiscais. Teranse que presentar tamén do mesmo xeito en pendrive para poder colgalas na rede.
Para a elaboración da oferta deben empregar folio branco A4 de 80 g, e a letra Times New Roman 12 así como na oferta para a web.
A presentación realizarase na oficina de FAPA Ourense As Burgas, sita en Ourense, rúa Doutor Fleming 43, soto, en horario de 09:30 a 13:30 horas.
O prazo de presentación de ofertas comeza o día 19 de maio do ano 2015 e remata o día 5 de xuño do 2015 ás 11:00 h.
Podedes ver as propostas presentadas seguindo o fío desta ligazón: Propostas Concurso Comedores.